Venres, 4 Xullo de 2025

Val Miñor

Nigrán conmemora o Día Nacional da Lingua de Signos instalando alfabetos dactilolóxicos

O Concello de Nigrán conmemorou onte, 14 de xuño, o Día Nacional das Linguas de Signos en España coa instalación de paneis co alfabeto dactilolóxico nos parques e colexios públicos do municipio.

Gondomar reúne a mesa local do comercio para analizar proxectos e as demandas do sector do comercio e hostalería

Xunto ao alcalde tamén participaron a edil responsable da área, Rocío Goberna, así como a representante dos comerciantes de Gondomar, Esther Lorenzo, e o presidente da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Val Miñor (OVALMI), Jose Anxo González Goce, quen anunciou a recuperación este ano -tras o parón motivado pola pandemia- da Feira Portobello 2021 en Gondomar.

Baiona firma o convenio de colaboración do programa “Ocio para todos” co Centro Juan María

O Concello de Baiona colabora coa Asociación Benéfico Social de pais e amigos a Esperanza do Val Miñor (Centro Juan María) para sufragar parte dos gastos do proxecto “Ocio para todos”.

Crecente, Nigrán e Salceda de Caselas entre os beneficiarios da nova liña do Plan Concellos da Deputación

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860€ ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas.

Gran éxito de participación e esixencia na Carreira Nocturna H2K Nigrán

A Carreira Nocturna H2K Nigrán reuniu a case 500 participantes nunha edición marcada polo estrito control sanitario que exerceron os organizadores e respectaron todos os participantes.

O Concello de Nigrán pide fotos antigas á veciñanza para crear un arquivo histórico audiovisual

O Concello de Nigrán ultima a posta en marcha dun arquivo histórico municipal online coa creación dunha web onde se recompilarán imaxes ou vídeos de interese etnográfico ou paisaxístico para o municipio facilitadas pola propia veciñanza.

Nigrán suma unha nova ‘galiña tragaplásticos’ e dous novos ‘peixes’ para que os bañistas depositen o refugallo que atopen

O Concello de Nigrán suma a súa primeira 'galiña tragaplásticos' e dous novos 'peixes' aos areais do municipio, todos eles obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou o ano pasado os dous pintorescos peixes.

Presentados 25 proxectos á convocatoria de axudas Leader

Persoas emprendedoras, empresas, comunidades de montes, entidades sen ánimo de lucro e administracións locais do territorio do GDR 14 presentaron 25 proxectos á convocatoria de axudas da submedida Leader do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014 - 2020 para as anualidades 2021 e 2022, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento.

Baiona realiza unha consulta pública sobre a restauración da Batería de Cabo Silleiro

O Concello de Baiona quere dar cabida ás opinións e achegas por parte da veciñanza con respecto á restauración e posta en valor das emblemáticas instalacións militares de Cabo Silleiro.

Baiona presenta a súa Axenda Deportiva de Verán, máis solidaria e adaptada á época Covid

O Concello de Baiona a través da Concellería de Deportes deseñou unha axenda deportiva para este verán 2021 moi especial, tras un duro ano marcado pola crise sanitaria do coronavirus. Por este motivo, e dada as boas cifras, o Concello quere ofrecer á cidadanía unha axenda na que o deporte cambia de formato. Se a pandemia levouse por diante unha longa lista de eventos deportivos, Baiona 'tira' de imaxinación para atopar novas fórmulas que permitan, tanto á veciñanza como as persoas visitantes, gozar do deporte.

Aberto o prazo de inscrición para campus deportivos de verán en Nigrán

O Concello de Nigrán, coa colaboración dos clubes do municipio, organiza dende finais de xuño a inicios de setembro dez campus deportivos orientados a crianzas e adolescentes: patinaxe, baloncesto, tenis, deportes náuticos, multideporte, tenis de mesa, fútbol e ximnasia rítmica.

Arrancan en Baiona as obras na EP-2204 Sabarís-Belesar

As obras de mellora da EP-2204 Sabarís-Belesar, no concello de Baiona, veñen de comezar nas últimas horas da man da Deputación de Pontevedra, unha esperada actuación na que a institución provincial inviste máis de 475.000 euros co fin de mellorar a seguridade viaria na totalidade desta estrada provincial.