7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránGran éxito de participación e esixencia na Carreira Nocturna H2K Nigrán

    Gran éxito de participación e esixencia na Carreira Nocturna H2K Nigrán

    A Carreira Nocturna H2K Nigrán reuniu a case 500 participantes nunha edición marcada polo estrito control sanitario que exerceron os organizadores e respectaron todos os participantes. A competición desenvolveuse sen contratempos e os atletas demostraron as súas calidades, tanto na proba de dez quilómetros como na de cinco quilómetros. Os organizadores xa preparan unha nova edición. Esta foi a quinta e pódese considerar xa como unha proba emblemática e asentada no calendario autonómico de probas de atletismo.

    Carlos Enrique Gutiérrez foi o gañador na primeira de dez quilómetros. Superou por escasa marxe a Rubén Pereira, que se converteu no seu gran rival durante case todo o percorrido. Jordi Castro ocupou a terceira posición.

    Na categoría feminina, Eva Piñal mostrouse superior ás súas adversarias e entrou como gañadora na liña de chegada. Sonia Tejeiro foi segunda e Sandra Fernández completou o podio das tres primeiras.

    Na proba de cinco quilómetros, Adrián Lago foi o gañador. Javier de Deus Rodríguez acabou segundo e Jorge Carreiras terminou no terceiro posto. Na categoría feminina, Leticia Fernández foi a triunfadora por diante de Elena Conde e Ana Paula Villar.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.