11.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán suma unha nova 'galiña tragaplásticos' e dous novos 'peixes' para que...

    Nigrán suma unha nova ‘galiña tragaplásticos’ e dous novos ‘peixes’ para que os bañistas depositen o refugallo que atopen

    O Concello de Nigrán estreou o verán pasado dous 'peixes' con gran aceptación, sumando agora estes novos elementos que se situarán en Praia América-Lourido, Panxón e Patos

    O Concello de Nigrán suma a súa primeira ‘galiña tragaplásticos’ e dous novos ‘peixes’ aos areais do municipio, todos eles obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou o ano pasado os dous pintorescos peixes.

    As esculturas son todas a base de guías metálicas cunha abertura na boca para invitar aos bañistas a depositar dentro calquera refugallo de plástico que se atopen na area; o obxectivo é dobre, por unha banda visibilizar e concienciar da cantidade de lixo que se deixa tirado e que acabaría no mar e, por outro, recolectalo e reciclalo. Estes tres elementos súmanse aos dous existentes e se distribuirán todos entre Praia América-Lourido, Panxón e Patos.

    Galiña tragaplásticos e peixe

    O Concello de Nigrán continúa así apelando á responsabilidade da propia cidadanía para manter os areais limpos.

    Paralelamente, ao longo deste mes instalaranse por terceiro ano consecutivo en Praia América, Patos, A Madorra e Area Fofa, os 15 ‘recolle-cabichas’ artesanais feitos con material de refugallo por nenos e nenas que asistiron aos obradoiros infantís do mercadillo de Praia América e por usuarios-traballadores do CEE Juan María.

    “Trátase de diferentes elementos que conducen cara a concienciación cidadá en materia medioambiental, os peixes tiveron moitísima aceptación e por iso continuamos”, finaliza o rexedor.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.