11.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona realiza unha consulta pública sobre a restauración da Batería de Cabo...

    Baiona realiza unha consulta pública sobre a restauración da Batería de Cabo Silleiro

    O Concello de Baiona quere dar cabida ás opinións e achegas por parte da veciñanza con respecto á restauración e posta en valor das emblemáticas instalacións militares de Cabo Silleiro.

    Trátase de conseguir un proxecto de recuperación participativo que permitan á cidadanía decidir en como se vai a habilitar o espazo e como vai ser o proxecto de reforma das instalacións que foron adquiridas recentemente polo Concello de Baiona.

    Por iso, ata o próximo 25 de xuño, habilitouse un espazou na páxina web municipal https://www.baiona.gal/concurso-de-ideas-cabo- silleiro/ para que os baioneses e baionesas poidan realizar as súas achegas de ideas de maneira individual.

    Neste apartado pódese suxerir todo o que os cidadáns e cidadás asociacións queiran transmitir ao goberno muncipal con respecto á rehabilitación das instalacións da bateria militar de Cabo Silleiro.

    O goberno municipal estudará a súa viabilidade e valoraranse de fronte ao concurso de ideas que levará acabo para seleccionar o mellor proxecto de restauración e posta en valor das emblemáticas instalacións. Unha vez transcorrido o prazo de quince días para que os veciños e veciñas acheguen as súas ideas, iniciaranse, o máis axiña posible, os preparativos para o concurso de ideas que o rexedor prometeu para seleccionar un proxecto de reforma das instalacións para o cal se mantiveron reunións con representantes do colexio de arquitectos.

    “Queremos que sexa un espazo para diferentes actividades, multiocio. E poñelo en valor desde o punto de vista paisaxístico, ambiental e histórico”, sinala o alcalde. “Temos que facer o mellor proxecto do mundo porque o sitio meréceo por iso queremos contar coas achegas que os veciños e veciñas de Baiona fágannos chegar. Queremos que o proxecto de rehabilitación sexa participativo e que se nutra das ideas da cidadanía. Entre todos e todas conseguiremos proxectar o maior potencial para este espazo e por iso o goberno local aposta por este chamamento á participación”, finaliza o rexedor.

    O obxectivo último da iniciativa desenvolvida polo Consistorio, coa que se busca dispoñer das opinións dos veciños e veciñas da vila, é lograr un documento o máis consensuado posible para, a partir de aí, comezar a deseñar o proxecto de rehabilitación.
    O prazo para realizar as suxerencias estará aberto ata o día 25 de xuño.

    Desde a Concello de Baiona anímase á cidadanía a que participen nesta iniciativa de participación cidadá. A través da web do Concello de Baiona, calquera persoa terá a opción de participar coa súa opinión, que se poderá realizar e a través da páxina do Concello seguindo a ligazón do pop-up ao abrir a páxina.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.