19.9 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorBaionaBaiona presenta a súa Axenda Deportiva de Verán, máis solidaria e adaptada...

    Baiona presenta a súa Axenda Deportiva de Verán, máis solidaria e adaptada á época Covid

    Todos os quilómetros que realizaránas persoas que participen nos distintos eventos serán trocados e destinados á ONG 'Axuda ao Mundo Necesitado'

    O Concello de Baiona a través da Concellería de Deportes deseñou unha axenda deportiva para este verán 2021 moi especial, tras un duro ano marcado pola crise sanitaria do coronavirus. Por este motivo, e dada as boas cifras, o Concello quere ofrecer á cidadanía unha axenda na que o deporte cambia de formato. Se a pandemia levouse por diante unha longa lista de eventos deportivos, Baiona ‘tira’ de imaxinación para atopar novas fórmulas que permitan, tanto á veciñanza como as persoas visitantes, gozar do deporte.

    “Témonos reinventado e adaptado a un novo e inesperado escenario. Os eventos máis importantes están recollidos na renovada axenda deportiva que estamos a presentar esta mañá”, destacou o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, no acto de presentación que se celebrou onte no xardín do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal de Baiona.

    En pouco días darase o pistoletazo de saída a un programa que terá unhas citas ineludibles, como o Campionato de España de Pádel Surf que tamén se presentouonte e que se celebrará o próximo 27 de xuño.

    Tampouco faltan á cita veraniega a tradicional carreira popular Andar e Correr, a Travesia a nado, o Trialtlón Solidario, a Subida Cicloturista á Groba, o Trail de Montaña Serra da Groba (dependendo da situación epidemiolóxica sera semivirtual ou presencial xa que está prevista para o 31 de outubro), en resumo, un menú deportivo completo do que gozar do deporte e dos seus múltiples beneficios rodeados da mellor das contornas que ofrece o concello de Baiona.

    “A App Baiona co Deporte permitiranos gozar das citas deportivas tradicionais da vila dunha maneira segura. Ademais de ofertar un alternativa de deporte segura, todos estes eventos terán un compoñente solidario xa que todos os quilómetros que realizan todas as persoas que participen nos distintos eventos serán trocados e destinados á ONG Axuda ao Mundo Necesitado”, sinalou o rexedor local.

    As persoas interesadas en participar en cada un dos evento poderano facer do 15 de xullo ao 15 de setembro para o que tan só é necesario descargarse a App ‘Baiona co Deporte’ e empezar a sumar quilómetros, xa sexa correndo, andando, nadando…

    Tanto o alcalde como a concelleira de Deportes quixeron agradecer a colaboración das moitas entidades privadas e publicas que colaboran cos distintos eventos xa que “grazas a eles é posible a organización os mesmos”.

    Está nova modalidade de deporte nace coa intención de fomentar e achegar un estilo de vida saudable, un espazo de lecer e deporte á cidadanía e tentar desenvolver un hábito deportivo entre a nosa poboación ofrecendo a posibilidade de coñecer e dominar un espazo que pola nosa características xeográficas e culturais é de vital importancia no noso municipio.

    “O obxectivo deste axenda é recuperar o sorriso perdido que en parte borrounos o virus. O deporte é un piar básico para o desenvolvemento e a desestacionalización de Baiona. O que se pretende coa organización destes eventos como os que hoxe presentamos é romper, sempre desde un punto de vista seguro, con estes meses de reclusión que padecemos e empezar a diversificar a oferta cultural con actividades distintas que dinamicen e desestacionalicen os 12 meses do ano”, finalizou a súa exposición Gómez.

    Esta nova oferta para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, supón un pistoletazo de saída e unha declaración de intencións nesta liña. Os eventos están pensados para gozar da nosa contorna e o gran potencial que ofrece os distintos emprazamentos da vila, idóneos para a práctica deportiva, sempre seguindo todas as medidas sanitarias segundo o protocolo anticovid, e supoñendo unha posta en valor dos distintos espazos da vila.

    Baiona vai da man do deporte, dos hábitos saudables e goza de boa saúde.

    Desde o Concello de Baiona, ideouse unha fórmula semi virtual para que os veciños e veciñas interesados poidan participar en cada unha das probas. As persoas gañadoras destas edicións tan especiais serán as que realizan máis quilómetros en cada unha das modalidades.

    O obxectivo da creación da nova APP Baiona co deporte é a organización destes eventos tan singulares da axenda deportiva Baionesa de forma segura xa que non se poñen límites para participar, unicamente ter ganas de practicas deporte, e por suposto, será obrigatorio o uso da máscara, manter as necesarias distancias de seguridade que marcan os protocolos COVID, para gozar dun momento de lecer e diversión en familia, percorrendo as rúas, paseos, montes ou ou calquera outro espazo de Baiona que permita realizar as distintas probas. Todo iso para fomentar a práctica deportiva de maneira segura.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.