O Concello de Nigrán repetirá un dispositivo de seguridade moi similar ao do ano pasado para impedir que se celebren as tradicionais cacharelas de San Xoan en Praia América-Panxón e nos diferentes areais do municipio.
O goberno de Nigrán aprobará no próximo pleno ordinario do 28 de xuño un cuarto plan de rescate municipal por importe de 51.526 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos.
O equipo 'Baby' do Club Baloncesto Nigrán pechou a tempara 2020/2021 participando na III Concentración que se desenvolveu onte sábado nas instalacións do Pavillón de Deportes de Panxón. Foi algo máis de hora e media para gozar de partidos nos que o Apóstol 1, Apóstol 2, Salesianos Verde, Salesianos Negro e o club anfitrión, saltaban á cancha de maneira simultánea para xogar en dous campos cun sistema áxil e entretido para o público e xogadores: ao rematar cada partido, rotábase de pista para xogar contra outro rival e así ata rematar a xornada matutina.
O Concello de Nigrán conta desde hoxe coa súa propia marca de moda 'Nigrán' grazas a firma 'JuanMariaByLolola', o proxecto de formación dual nado no 2019 froito da colaboración entre a deseñadora Lola Rande e o Centro de Educación Especial Juan María
O alumnado e toda a Comunidade Educativa do CEIP Humberto Juanes, en Nigrán, podrán gozar nestes días de fin de curso 2020/2021 –que remata o martes 22 de xuño–, dunha interesantísima mostra de cómics realizada polo alumnado do centro na actividade extraescolar organizada pola ANPA do centro. Esta iniciativa foi desenvolvida ao longo do curso –os xoves en horario de 16:00 h a 17:30 h– pola ilustradora Coral Martínez.
Nigrán conta xa cunha espectacular biblioteca que constitúe “un dos grandes exemplos da transformación da provincia” como asegurou hoxe a presidenta provincial, Carmela Silva, durante a visita que realizou ás novas instalacións xunto co alcalde, Juan González, o deputado Santos Héctor, e concelleiras e concelleiros do goberno local.
O Concello de Nigrán apremia á operadora R a que acometa no menor prazo de tempo posible a instalación de fibra óptica en 42 núcleos do municipio que están pendentes desde o ano 2020, data límite outorgada no Plan Estratéxico Nacional do goberno do Estado.
O Concello de Nigrán conmemorou onte, 14 de xuño, o Día Nacional das Linguas de Signos en España coa instalación de paneis co alfabeto dactilolóxico nos parques e colexios públicos do municipio.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento de 511.860€ ao abeiro da Liña 2 do Plan Concellos 2021, co que a institución provincial financiará un total de 15 achegas.
A Carreira Nocturna H2K Nigrán reuniu a case 500 participantes nunha edición marcada polo estrito control sanitario que exerceron os organizadores e respectaron todos os participantes.
O Concello de Nigrán ultima a posta en marcha dun arquivo histórico municipal online coa creación dunha web onde se recompilarán imaxes ou vídeos de interese etnográfico ou paisaxístico para o municipio facilitadas pola propia veciñanza.
O Concello de Nigrán suma a súa primeira 'galiña tragaplásticos' e dous novos 'peixes' aos areais do municipio, todos eles obra do artista René de la Jara, responsable do mercado multicultural que cada ano se ubica en Praia América e quen realizou o ano pasado os dous pintorescos peixes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.