Concello de Nigrán e ‘Bicivoadores Val Miñor’ organizan este domingo 10 de outubro a ‘XII BTT Concello de Nigrán con máis de 150 participantes e cuxo prazo de inscrición permanece aberto ata este venres ás 22:00 horas ou ata acadar os 250 anotados.
Os colexios públicos de Nigrán serviron de exemplo de boas prácticas en termos de políticas de sustentabilidade esta fin de semana en Madrid no primeiro encontro nacional de 'Teachers for the Future Spain'.
Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello de Nigrán este mes de outubro. O vindeiro venres 8 e sábado 9, un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Concello de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas, o venres, e de 10.00 a 15.00, o sábado, para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar.
O Concello de Nigrán iniciou esta semana as obras de asfaltado dos camiños contiguos Veiga de Nandín (Parada) e Das Cancelas (Camos) cun investimento de 53.900 € a través dunha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) dirixida a reforzar o texido social e mellorar a capacidade organizativa das áreas rurais.
Nova parada do proxecto Eurochef. Os chefs Iván Méndez e Álex Iglesias levarán a súa maxia tras os fogóns a Nigrán, que acollerá un showcooking o vindeiro martes 12 de outubro ás 12:00 horas na praza do Concello.
O Concello de Nigrán, coa colaboración da ANPA do CEIP Carlos Casares de Vilariño, dotou dun aseo adaptado para crianzas unha das aulas de Infantil do centro educativo.
A apertura este xoves da tenda de Lidl na rúa As Pontes de Nigrán, xunto ao Centro de Negocios e a gasolineira, supoñerá a primeira incursión da cadea na comarca do Val Miñor.
O Concello de Nigrán rende este mes homenaxe mediante a exposición 'O home que quixo vivir' a un dos seu veciños máis ilustres: o célebre escritor galego Bernardino Graña, quen vive desde hai décadas na residencia Stella Maris de Panxón.
O Concello de Nigrán ofrece este sábado 2 de outubro diversas actividades na praia de Patos e Cansadoura abertas ao público e dirixidas a promover a concienciación e sensibilización medioambiental.
A praia de Patos, no concello galego de Nigrán, converteuse este pasado sábado 25 de setembro na festa da inclusión, deportividade e competición ao albergar a súa primeira edición do Campionato de España de Surf Adaptado (o internacional, previsto para o domingo, trasladouse a Portugal ante a falta de ondas).
O goberno de Nigrán aprobará no pleno ordinario de hoxe luns 27 de setembro un cuarto plan de rescate municipal por importe de 50.000 € destinado nesta ocasión ao sector pesqueiro, de hospedaxe e de rendemento deportivo da localidade con axudas de 1.200 € para os empresarios e 750 € para a tripulación de barcos.
“ I BIMBI APPASSIONATI” nace en xaneiro 2018 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo. É a canteira infantil e xuvenil do coro Gli Appassionati (con 12 premios nacionais e internacionais, considerado un dos millores coros de España) e estáse organizar para crear unha formación vocal de gran calidade ao igual que o fixeron os seus irmáns maiores.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.