14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán e ‘Bicivoadores Val Miñor’ organizan a XII BTT este domingo

    Nigrán e ‘Bicivoadores Val Miñor’ organizan a XII BTT este domingo

    O prazo de inscrición permanece aberto ata este venres ás 22:00 horas cun límite de 250 prazas

    Concello de Nigrán e ‘Bicivoadores Val Miñor’ organizan este domingo 10 de outubro a ‘XII BTT Concello de Nigrán con máis de 150 participantes e cuxo prazo de inscrición permanece aberto ata este venres ás 22:00 horas ou ata acadar os 250 anotados.

    Así, os interesados deben pagar ao clube 12 euros a través do número de conta bancaría ES88 0073 0100 5205 0625 5165 e enviar o xustificante a bicivoadoresvalminor@hotmail.com. É obrigatorio o uso de proteccións, asi como o de máscara.

    A proba, cada ano cun percorrido novo cheo de espectacularidade, arranca ás 9:00 horas na Praza do Concello e consta de 35 km de dificultade media-alta a través dos montes de Chandebrito, Coruxo, Saiáns, Parada, Vilaza e regreso ao Concello.

    A hora de finalización prevista é ás 13:00 horas e os tres primeiros clasificados recibirán trofeos, ademáis, sortearanse agasallos entre os participantes e ofrecerase pinchos e bebida. Desde a organización destacan que se trata dun circuito axeitado tanto para principiantes como para afeccionados xa veteranos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.