Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos visitará o concello de Nigrán este mes de outubro. O vindeiro venres 8 e sábado 9, un autobús da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na Praza do Concello de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 21.00 horas, o venres, e de 10.00 a 15.00, o sábado, para todas aquelas persoas que queiran acudir a doar.
Aínda que o persoal das unidades móbiles fai unha revisión de saúde a todas as persoas que acoden a doar para garantir a seguridade dos compoñentes da sangue, recoméndase non acudir a doar sangue se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Pídese tamén ás persoas doantes agardar un metro de separación entre persoas nas zonas de espera.
A Axencia Galega de Sangue, Órganos e tecidos lembra que para doar sangue hai que almorzar se se acode pola mañá e, se se vai pola tarde, agardar dúas horas despois de xantar para facer a doazón. É importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou un documento similar, ademais de informar ao médico en caso de estar tomando algún medicamento.