Martes, 16 Setembro de 2025

Redondela

Suspendida a feira do día 21 ao manterse o municipio con peche perimetral e no nivel de restrición máxima pola Covid-19

O Concello de Redondela vén de anunciar a suspensión da feira que se tiña que celebrar o vindeiro 21 de decembro, ao continuar o municipio en situación de peche perimetral pola pandemia da Covid-19 e en nivel de restrición máxima.

Contacontos inclusivo e en liña para festexar o Nadal coas Bibliotecas Municipais de Redondela

As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Nadal cunha actividade retransmitida en liña a través das súas redes sociais. proposta é un contacontos inclusivo da compañía ContAz, co título "Perdido?"

Redondela recupera a contorna da antiga industria téxtil de Regojo reconvertida nun parque público

Redondela conta, dende onte, cunha nova zona de esparexemento público situada nunha áreas máis novas do casco urbano, a denominada urbanización Regojo que ocupa boa parte dos terreos que, no seu tempo, albergou a unha industria téxtil de renome nacional e internacional.

As dependencias de Servizos Sociais de Redondela exhiben dende hoxe un mural realizado por usuarios e usuarias da Asociación Lenda

Dende hoxe, as dependencias de Servizos contan cun fermoso mural que, co nome de 'Mulleres, tecendo esperanza e futuro', quere ser un recordatorio permanente ao traballo e historia das mulleres de Redondela.

A Casa de Papá Noel mantén viva a ilusión polo Nadal dos nenos e nenas de Redondela

A Casa de Papá Noel, que o martes abría as súas portas pese as condicións meteorolóxicas adversas, estase a converter nun dos atractivos deste Nadal para os nenos e nenas de Redondela. Cúmprese dese xeito, un dos obxectivos fundamentais do Concello de Redondela nestas festas que non é outro “que conseguir, pese á Covid e a situación sanitaria, que os nosos nenos e nenas non perdan a ilusión e que poidan gozar dun Nadal cheo de ilusión, ledicia e actividades”.

O PSdeG-PSOE de Redondela, sorprendido polas declaración de AER sobre a súa continuidade no Goberno

A Agrupación local do PSdeG-PSOE de Redondela quixo hoxe cortar posibles especulacións sobre as manifestacións realizadas por AER, nas que a formación asemblearia e compoñente do Goberno local, aseguraba que no vindeiro ano “decidirán se manterse no Goberno ou pasarse á oposición”.

A alcaldesa de Redondela, vogal da Comisión de Benestar Social e Accesibilidade Universal da FEMP

A alcaldesa Digna Rivas participou esta semana na Comisión de Benestar Social e Accesibilidade Universal da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), da que a rexedora redondelá entrou a formar parte como vogal. A alcaldesa amosou a súa satisfacción polo feito de que “Redondela comece a contar e ter voz naqueles foros nos que se adoptan decisións importantes para os concellos”.

Remate o prazo para o pagamento dos recibos de lixo, vaos de garaxe e taxa pola reserva da vía pública (taxis) do 2020 en...

O Concello de Redondela pon en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o vindeiro 18 de decembro, remata o prazo para o pagamento en período voluntario dos recibos da Taxa pola recollida do lixo, Taxa por entrada de vehículos (vaos) e a Taxa pola reserva da vía pública (taxis) correspondentes ao exercicio 2020.

Redondela presenta a súa campaña de Nadal ‘Merca en Redondela. Merca na Casa’

O Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, acolleu na mañá de onte a presentación da campaña de Nadal do Concello redondelán 'Merca en Redondela. Merca na casa' unha iniciativa coa que o Goberno local quere “reafirmar o compromiso co comercio local ante a grave situación que a pandemia está a provocar neste sector produtivo”.

O ‘Videosaúdo con Papá Noel’ posto en marcha este Nadal para nenos e nenas de Redondela, acada máis de 2.700 visitas nas primeiras 48...

O 'Videosaúdo con Papá Noel', realizado integramente en Redondela, está a ser o éxito deste Nadal. En tan só 48 horas –dende a noite do martes ata a noite do xoves– a páxina www.nadalenredondela.com, rexistrou máis de 2.700 visitas de nenas e nenos aos que Papá Noel, dende a súa casa, transmitíalles a súa felicitación de Nadal e explicáballes todo o traballo que lle queda por facer ata levar os agasallos aos seus fogares.

Concello de Redondela y Asociación de Empresarios unen campañas para dinamizar os mercados de abastos e o comercio de proximidade

O mercado de abastos de Redondela acolleu onte a presentación dunha campaña que busca a dinamización dos mercados de abastos do municipio e, ao mesmo tempo, poñer en valor a importancia do comercio de proximidade “como un dos eixos básicos da economía local”, sinalou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas na presentación desta iniciativa, acompañada polo presidente da Asociación de Empresarios de Redondela, Enrique Lago.

Suspendido o programa de conciliación do Nadal de Redondela ante a complicada situación sanitaria

O Concello de Redondela anunciou onte a suspensión do programa de conciliación do Nadal ante a complicada situación que vive o municipio pola Covid-19 e que o mantén pechado perimetralmente e no nivel máximo de restrición.