Mércores, 2 Xullo de 2025

Redondela

Redondela organiza outra xornada de kaiak educativo-ambiental pola enseada de San Simón

O Concello de Redondela, dentro da posta en valor dos espazos naturais da rede Natura 2000, pon en marcha saídas en kaiak para coñecer e gozar dun espazo natural único no mundo.

Redondela acolle unha xornada do proxecto ZOSTECO sobre a convivencia das actividades humanas coas pradeiras mariñas

O proxecto ZOSTECO, liderado pola Universidade de Vigo e no que participa o Instituto de Hidráulica Ambiental de Cantabria, organiza un taller participativo no que se abordará a interacción entre as praderías mariñas e as actividades humanas que nelas desenvólvense.

O Obradoiro Fernando Monroy dará un libro do patrimonio de Cesantes a cada socio

O Obradoiro Fernando Monroy presentou o pasado 22 de maio a reedición do seu primeiro libro o 'Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes, lavadoiros e muíños de Cesantes'.

Redondela pide á veciñanza que non consuma auga da Fonte da Lata, en Vilar de Infesta, ao poder estar afectada polo uso de herbicidas...

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, atendendo a "un principio de precaución" vén de sinalizar como "auga non apta para o consumo humano" a Fonte da Lata na parroquia de Vilar de Infesta. Esta medida tomouse despois de que no día de que o xoves un operario municipal dera aviso de que no peche metálico e taludes do aeroporto "a herba tiña síntomas de ser queimada con herbicidas nas proximidades da Fonte da Lata".

O Concello de Redondela non autorizará as fogueiras de San Xoán para non comprometer o nivel de restricións

Vistas as directrices da FEGAMP chegadas ao Concello de Redondela, o Concello de Redondela non autorizará as fogueiras de San Xoán na vindeira noite do 23 ao 24 de xuño, para non favorecer situacións de risco que comprometan o nivel de restricións en Redondela.

A Autoridade Portuaria confirma ao Concello de Redondela que se permitirá o paso de peóns e vehículos autorizados pola explanada de Duchess

Unha valla colocada na entrada da explanada de Duchess, prohibindo explicitamente o paso tanto a vehículos como a peóns, foi obxecto de indagacións por parte do Concello de Redondela para coñecer que dera autorización para dito pechamento. Cómpre salientar que a explanada é o principal acceso ao Museo Meirande, un dos recursos culturais do municipio por excelencia tanto polo seu valor histórico-industrial coma paisaxístico ao enclavarse en pleno estreito de Rande e en zona de protección medioambiental da Rede Natura 2000.

O BNG de Redondela denuncia o uso de herbicidas na limpeza do Aeroporto de Vigo

O BNG de Redondela denunciou onte o uso de herbicidas para a limpeza de parte da cabeceira norte do Aeroporto de Vigo, en Redondela, un feito que para a organización nacionalista "é de extrema gravidade" e entenden que dende o Concello débese abrir un expediente para depurar responsabilidades. A problemática afecta igualmente á cabeceira sur en Mos.

O BNG de Redondela demanda unhas Ludotecas de Verán, pensadas para os nenos e nenas

O BNG de Redondela vén de cuestionar o proceso de selección para que, menores con idades comprendidas entre 3 e 12 anos, poidan gozar das actividades organizadas polo Concello de Redondela. “Agardabamos que se modificase o actual proceso de selección, moi complexo, por outro máis sinxelo”, explica o portavoz municipal da formación nacionalista, Xoán Carlos González.

Amelia Tiganus presenta en Redondela o cómic baseado na súa propia historia

En sintonía coa proposta de abolición da prostitución, a Asemblea Feminista Paxaretas organiza a presentación do cómic que vén de publicar un dos rostros máis comprometidos contra a explotación sexual das mulleres e das crianzas, Amelia Tiganus. O acto terá lugar mañá mércores, 9 de xuño, a partir das 20 horas no Multiusos da Xunqueira de Redondela, será de balde e contará cun aforo limitado a 90 persoas.

Medio Ambiente de Redondela oferta unha segunda saída polas contornas dos ríos Pugariño e Maceiras

Despois da boa acollida que tivo a ruta guiada A Chapela Esquecida o pasado 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela lanza unha segunda saída polo entorno natural e patrimonial de Chapela o vindeiro 12 de xuño na que as e os participantes poderán gozar de lugares practicamente descoñecidos na parroquia facendo unha ruta guiada polos muíños e contorna dos ríos Purgariño e Maceira.

Cesantes, punto de encontro do primeiro bautismo de kitesurf para nenos na enseada de San Simón

Xornada perfecta a do domingo en Cesantes para o primeiro bautismo de kitesurf impartido polo TMKiteClub. A actividade, completamente gratuíta e aberta para nenos desde os sete anos, supuxo unha primeira toma de contacto con este deporte para un total de 30 participantes, todo un éxito de convocatoria grazas á colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Redondela.

A Xunta concede novos carnés de voluntarios ás Agrupacións de Protección Civil de Redondela e O Porriño

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, presidiu esta mañá o acto de entrega dos novos carnés de voluntarios a integrantes das Agrupacións de Protección Civil dos municipios de Moaña, Redondela, O Porriño e Soutomaior nun acto celebrado na explanada exterior do edificio administrativo.