8.7 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaMedio Ambiente de Redondela oferta unha segunda saída polas contornas dos ríos...

    Medio Ambiente de Redondela oferta unha segunda saída polas contornas dos ríos Pugariño e Maceiras

    Despois da boa acollida que tivo a ruta guiada A Chapela Esquecida o pasado 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela lanza unha segunda saída polo entorno natural e patrimonial de Chapela o vindeiro 12 de xuño na que as e os participantes poderán gozar de lugares practicamente descoñecidos na parroquia facendo unha ruta guiada polos muíños e contorna dos ríos Purgariño e Maceira.

    Esta actividade, dinamizada polo guía local Álvaro Diego, dará a posibilidade ás e aos participantes de descubrir os lugares que agochan as marxes e leitos destes ríos: muíños ocultos, lavadoiros, camiños e sendas da Chapela máis descoñecida.

    O punto de saída será o aparcadoiro do centro de saúde de Chapela ás 9:30 horas para, dende alí, iniciar unha ruta que terá unha duración aproximada de catro horas.

    A actividade ten carácter totalmente gratuito e, debido as medidas de prevención pola pandemia da COVID-19, as prazas serán limitadas polo que é preciso formalizar a inscrición no correo electrónico turismo@redondela.gal ou no teléfono 986 40 17 13

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.