21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaO Obradoiro Fernando Monroy dará un libro do patrimonio de Cesantes a...

    O Obradoiro Fernando Monroy dará un libro do patrimonio de Cesantes a cada socio

    O colectivo presentou o pasado 22 de maio a reedición do libro Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes, lavadoiros e muíños de Cesantes no CEIP de da parroquia ante 70 persoas, o aforo que permitía o recinto

    O Obradoiro Fernando Monroy presentou o pasado 22 de maio a reedición do seu primeiro libro o ‘Inventario de canastros, cruceiros, portóns, fontes, lavadoiros e muíños de Cesantes’. No aspecto máis detallado, realmente foi como facer unha publicación nova porque a edición está totalmente renovada e engadíronse moitos elementos descubertos na última década como o marco da pantalla ou os muíños do río Pexegueiro, que non estaban na primeira edición.

    A dirección do colectivo, ademais, decidiu facer entrega dun exemplar de balde a cada un dos socios do Obradoiro. Algún deles xa recibiron a publicación no acto e outros foron entregados en man nos últimos días. Pouco a pouco, os directivos están precedendo á entrega e todos aqueles socios que aínda non recibiron o libro poden dirixirse ó mail do colectivo obradoiro@estudoslocais.org para pactar un sistema. Existen copias para todos os asociados, de xeito que ningún vai a quedar sen él. Esta iniciativa enmárcase dentro da celebración do décimo quinto aniversario do Obradoiro.

    A publicación, coa presenza da alcaldesa de Redondela Digna Rivas, e un importante número de concelleiros, presentouse no ximnasio do centro escolar de Cesantes ante 70 persoas, o aforo máximo permitido na pandemia do covid. Deste xeito, o colectivo regresou á orixe do libro porque, no seu día, foi unha iniciativa nada na escola a que puxo a andar o Inventario, unha propusta que herdou e asumiu a primeira directiva do Obradoiro Fernando Monroy e que agora, máis de dez anos despois, recibe unha nova edición actualizada, ampliada e revisada.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS