21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO BNG de Redondela denuncia o uso de herbicidas na limpeza do...

    O BNG de Redondela denuncia o uso de herbicidas na limpeza do Aeroporto de Vigo

    Xoán Carlos González fala dun “posible atentado contra a saúde, ao empregarse estes productos a escasos metros dunha fonte pública na parroquia de Vilar”.

    O BNG de Redondela denunciou onte o uso de herbicidas para a limpeza de parte da cabeceira norte do Aeroporto de Vigo, en Redondela, un feito que para a organización nacionalista “é de extrema gravidade” e entenden que dende o Concello débese abrir un expediente para depurar responsabilidades. A problemática afecta igualmente á cabeceira sur en Mos.

    O voceiro nacionalista, considera que “se trata dunha actuación que mesmo pode atentar contra a saúde pública pois a escasos metros de onde aplicaron herbicidas, sitúase a Fonte da Lata, na parroquia de Vilar. Deste manantial beben diariamente ducias de veciños e veciñas, e mesmo xente doutras parroquias”.

    Segundo explica, a limpeza dos terreos do aeroporto, en Redondela, é máis que deficiente. Grande parte da maleza invade mesmo viais, chegando a ocultar algúns sinais de tráfico. “Supoñemos que o Concello teralle aberto algún expediente ao Aeroporto, como sucede con outros veciños e veciñas”.

    Para o edil nacionalista, as administracións públicas deben dar exemplo, mantendo as súas propiedades en correctas condicións. Mais iso non as exime de ser respeituosas co medio ambente. “No caso de que todo o mundo empregase herbicidas, o noso medio natural, e a propia Enseada San Simón, onde finalmente acaban todos estos productos, desaparecería”, considera.

    Recorda que o Pleno do Concello aprobou unha moción en contra de utilizar estes productos en todo o seu termo municipal. Segundo Xoán Carlos González, detrás do uso de herbicidas atópanse os recortes de fondos para o mantemento do Aeroporto de Vigo. “Atopámonos ante unha situación gravísima e unha imprudencia. Coa saúde dos veciños e veciñas non se pode xogar deste xeito. Chegaremos ao fondo do asunto. Non pode ser que Redondela siga sufrindo o impacto negativo desta infraestructura”, remata na súa nota.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.