Venres, 4 Xullo de 2025

Redondela

O BNG, demanda información do Proxecto de Pantallas Acústicas en Chapela

O BNG de Redondela solicitará información sobre o proxecto de instalación de pantallas acústicas na AP-9 ao seu paso por Chapela ao considerar que a idea do Ministerio de colocar pantallas de formigón, supón "unha nova agresión á parroquia". A través de diversas iniciativas presentadas polo deputado nacionalista, Néstor Rego, o BNG redondelán quere coñecer os pormenores da obra. “Demandamos celeridade na obra, para reducir a contaminación acústica que está a padecer dende hai décadas os veciños e veciñas”, concreta portavoz nacionalista, Xoán Carlos González.

Redondela remite o resultado da análise do verquido de maio á Xunta que apunta a Aucosa

O departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela enviou á dirección xeral de Cambio Climático da Xunta de Galicia, á de Gandería e a Augas de Galicia sendas copias co resultado do informe analítico do verquido detectado nas inmediacións da ponte de Rande o pasado 26 de maio.

O Concello de Redondela expresa o seu apoio a ‘Pegadas con alma’, iniciativa de impulso de acciones de voluntariado social

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e a concelleira Olga García Ballesteros, reuníronse esta semana con Patricia Rodríguez e Heidi Vander Biest, promotoras da iniciativa #pegadasxlenda que se inclúe dentro de 'Pegadas con alma', unha proposta creada para impulsar accións de voluntariado social e crecemento persoal en Redondela.

Redondela reafirma a súa aposta pola diversidade cun amplo programa de actividades para conmemorar o Día LGTBIQ+

“Redondela sempre apostou pola diversidade, a tolerancia e a igualdade de dereitos e, neste ano, reafirmamos ese compromiso dende o convencemento de que so co respecto e a tolerancia na diversidade, poderemos acadar unha sociedade máis xusta, igualitaria e decente”. Con esas palabras avanzaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o programa de actividades para o Día LGTBQI+ que será presentado máis amplamente esta semana nun encontro cos medios de comunicación.

O Arealonga F.S. organiza xornadas de portas abertas hoxe martes 22 de xuño e o venres 25 de xuño no Pavillón Municipal de Chapela

O Arealonga FS de Chapela, Redondela, vén de poñer en marcha dúas xornadas de portas abertas coa intención de que, nenos e nenas, poidan tomar contacto con este deporte dun xeito lúdico e divertido. A iniciativa está dirixida ás categorías bibenón (2015/2016), prebenxamín (2013/2014) e benxamín (2011/2012).

A Fundación Filomena Rivero Alonso dona libros por valor de 2.200 € á Biblioteca de Redondela

A Fundación Filomena Rivero Alonso formalizou, nun evento no Concello, a aportación económica a prol do Concello de Redondela que, ao longo de 2021, supón un total de 2.200 euros para a compra de libros.

Redondela presenta a I Competición Anual de Deporte Urbano ‘O Choquiño Urban Jam’

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Nacho González presentou na mañá de onte, no SkatePark da Marisma, as actividades do que será a 'I Competición Anual de Deporte Urbano, O Choquiño Urban Jam' que nace, en palabras da alcaldesa redondelá “cunha clara vocación de continuidade e coa implicación máis absoluta da nosa mocidade”.

O Concello de Redondela remata as obras de mellora e ensanche do camiño Val do Muíño na parroquia do Viso

O Concello de Redondela deu por rematadas, esta semana, as obras de ancheado e mellora que se realizaban no camiño Val do Muíño, na parroquia do Viso. Trátase, segundo apunta o concelleiro de Vías e Obras, Vicente Lamas, “dun camiño que da servizo a numerosas vivendas e que se atopaba en malas condicións, tanto polo estreito da vía como polo estado do firme”.

Redondela pon en marcha ‘O cinema da Memoria’,ciclo de proxeccións dentro do programa ‘Ano das Mullleres da Illa de San Simón’

Lembrar a escuridade da ditadura franquista para que tempos terribles como eses non se volvan a repetir e abrir o debate e a reflexión na sociedade redondelá sobre a defensa dos valores democráticos, son algúns dos obxectivos que busca o ciclo 'O Cinema da Memoria', iniciativa que se desenvolve dentro das actividades do Ano das Mulleres da Illa de San Simón.

O alumnado do CEIP Laredo de Chapela premiado no certame ‘Cooperativismo na escola’ por ‘Laredópolis: a cidade dos nosos soños’

O CEIP de Laredo de Chapela, Redondela, resultou galardoado no apartado de 1º e 2º de educación primaria no certame 'Cooperativismo na Escola, posto en marcha pola Consellería de Emprego e Igualdade, por Laredópolis: a cidade dos nosos soños. A entrega dos premios tivo lugar onte no Salón Teatro de Santiago de Compostela nun acto presidido pola directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca. A entrega realizouse vía streaming, coa presenza do alumnado vía telemática.

O Pleno de Redondela aproba “por razóns de interese público” a continuidade do contrato do servizo de limpeza

O Pleno da Corporación Municipal de Redondela aprobou dar continuidade ao contrato do Servizo de Limpeza dos edificios, dependencias e espazos municipais, logo que no mes de maio o grupo municipal do PP, e en dous plenos, votase en contra tanto da continuidade do servizo coma dos pregos polos que se tería que rexer a nova contratación.

Asociación de Empresarios de Redondela e praceiros colaboran para a mellora da praza de abastos

Un restyling da imaxe de marca que se adapta ao verdadeiro xeito de referirse a este espazo de comercialización de produto fresco preside a porta de entrada da sección do peixe. A proposta de chamarse simplemente A Praza xurdiu dos propios praceiros xa que esa é a forma tradicional de referirse ao mercado de abastos.