O Concello de Redondela iniciou xa, neste mes, os traballos de roza e limpeza das estradas e camiños de titularidade municipal. Por primeira vez as labores de rozado inícianse en abril –máis de dous meses antes que o que era habitual nos anteriores gobernos conservadores– o que permitirá que, na primavera e verán, o viario municipal estea en perfectas condicións para o seu uso por parte da veciñanza.
A Deputación revalida o seu compromiso cos municipios da provincia coa aprobación, na Xunta de Goberno, de 2.851.477 euros da liña 1 de Investimentos do Plan Concellos que chegarán a Silleda, Cambados, Pontecesures, Caldas de Reis, Portas, Barro, Moraña, Bueu, Redondela, O Porriño e Salceda de Caselas.
O Concello de Redondela vén de contratar a un total de 19 persoas en situación de desemprego para reforzar a prestación de servizos á cidadanía. Máis polo miúdo trátase de tres técnicas de Turismo, unha traballadora social, tres persoas para reforzamento do servizo eléctrico e 11 traballadores e traballadoras forestais.
O Goberno local de Redondela, que preside a alcaldesa Digna Rivas, denunciou hoxe os “continuos e reiterados incumprimentos” da Xunta de Galicia con respecto aos compromisos adquiridos co Concello redondelán en materia de educación.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Vías e Obras que xestiona Vicente Lamas, procedeu nestes días ao repintado de todo muro frontal da praia de Arealonga que, días atrás, apareceu cheo de pintadas nun acto de vandalismo “que nada ten que ver coa libre expresión das ideas de cada quen”, afirma o Goberno local.
Ao igual que aconteceu o pasado ano, logo de que o Concello de Redondela presentara “en tempo e forma” ante a Xunta de Galicia a solicitude dunha axuda para a contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero, o Goberno local segue sen noticias da administración autonómica e sen saber se a súa solicitude foi aprobada ou, no caso contrario, os motivos que levaron á Xunta a súa denegación.
Un total de cen persoas en situación de desemprego verán mellorada a súa empregabilidade a través do Programa Integrado de Emprego (PIE) do Concello de Redondela que o venres o pasado venres, 18 de marzo, foi presentado no Multiúsos da Xunqueira, nun acto presidido pola concelleira de Emprego, María Castro Abad e as técnicas implicadas no programa Belén Oblanca Rivero y Ana Concheiro Sánchez.
O proxecto 'Unha biblioteca para Xela', desenvolto no pasado ano polas Bibliotecas Municipais de Redondela –Valle-Inclán de Redondela e Xela Arias de Chapela— vén de ser recoñecido como finalista do Selo CCB 2021 na categoría de bibliotecas públicas de máis de 10 000 habitantes.
A Fundación Provincial Banco de Alimentos recadou uns 30.000 quilos de comida no Zampakilos Solidario, campaña impulsada polo grupo Vegalsa-Eroski e que supuxo a primeira Operación Quilo deste 2022.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Comercio que xestiona María Castro, anunciou a apertura do prazo inscrición para que os establecementos hostaleiros do municipio poidan participar nas II Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela que se desenvolverán dende o 29 de abril ao 8 de maio.
O Consello Municipal da Infancia e Adolescencia de Redondela celebrou esta semana a súa segunda reunión plenaria do curso, xuntanza que estivo centrada na realización de propostas para tres proxectos de creación e remodelación de espazos de lecer que o goberno local vai levar a cabo nos próximos meses.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Medio Ambiente que xestiona Alberto Álvarez, vén de sumarse á celebración do Día Mundial da Auga que se conmemora o vindeiro 22 de marzo como recordatorio da importancia que ten e auga no ciclo da vida e, por ese motivo, contribuír a mantela fora de calquera fonte de contaminación.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.