19.5 C
Pontevedra
Luns, 25 de Setembro de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaAberta a inscrición para os establecementos hostaleiros que queiran participar nas 'II...

    Aberta a inscrición para os establecementos hostaleiros que queiran participar nas ‘II Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela’

    O Concello, ao igual que o fixo na primeira edición deste evento gastronómico, mercará o choco directamente á Confraría de pescadores para distribuílo entre os establecementos participantes

    O Concello de Redondela, a través da Concellería de Comercio que xestiona María Castro, anunciou a apertura do prazo inscrición para que os establecementos hostaleiros do municipio poidan participar nas II Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela que se desenvolverán dende o 29 de abril ao 8 de maio, unha iniciativa que na súa primeira edición tivo unha excepcional acollida e que busca poñer en valor o produto estrela da enseada de San Simón e contribuír á dinamización dos establecementos hostaleiros do municipio.

    Ao igual que fixo nas xornadas do 2021, o Concello mercará directamente á Confraría de Pescadores o choco que, posteriormente será distribuído entre os establecementos participantes “para, dese xeito, promocionar o noso produto estrela e garantir a súa calidade, asegurándonos que, en realidade, sexa choco de Redondela”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas.

    Nestas segundas xornadas poderán participar todos os establecementos de hostalaría, legalmente establecidos, que cumpran coas condicións de participación e acepten as bases do evento. O prazo de inscrición pecharase o vindeiro 8 de abril. Tanto as bases como o formulario de solicitude poden consultarse na páxina web do Concello, http://redondela.gal/. Para máis información as persoas interesadas poden poñerse en contacto co Concello de Redondela a través do teléfono 986 400 300 ou do enderezo de correo electrónico turismo@redondela.gal.

    Segundo as bases publicadas, os establecementos hostaleiros que participen nestas II Xornadas deberán incluír na súa carta, “como mínimo, un menú, prato ou proposta gastronómica na que o produto principal sexa o choco”. Dito menú –que deberá ser descrito na solicitude de inscrición– queda á libre elección de cada establecemento que poderá participar co número de propostas que desexe e en formato salgado ou doce.

    Durante a celebración das xornadas, os establecementos participantes comprométense a ofrecer o menú durante os días establecidos e, durante o evento, “non se poderá modificar nin o menú nin o prezo”.

    A alcaldesa Digna Rivas subliñou a importancia deste evento “que na súa primeira edición tivo una enorme aceptación por parte do público e foi, ao mesmo tempo, un extraordinario escaparate no a nosa hostalaría puxo de relevo o seu altísimo nivel”.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS