O Concello e a Federación de ANPAS solicitaron este luns unha reunión urxente co conselleiro, da que aínda nin tan sequera recibiu resposta, ante “a política de improvisación” que está a desenvolver Educación sobre un tema “de capital importancia para a mocidade de Redondela e concellos limítrofes”.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de recoñecer o traballo que realiza o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, dependente da concellería que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, coa concesión dunha subvención de 20.000 euros.
Dende o luns, 2 de maio e até o vindeiro día 12 de maio, alumnos e alumnas de primaria dos colexios de Redondela, participan nos obradoiros 'Camiños da Lingua', unha iniciativa posta en marcha pola Concellería de Normalización Lingüística, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas.
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de abrir o prazo de inscrición para o alumnado interesado en cursar o vindeiro curso o novo Bacharelato de Artes (vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño) do IES Pedro Floriani (Redondela).
Durante a Semana do Libro a biblioteca de Redondela recibiu un verdadeiro agasallo da man do pintor e restaurador local Ángel Barros. Trátase dun retrato sobre lenzo de Ramón María del Valle-Inclán –autor que dá nome á biblioteca municipal redondelá– e que foi enmarcado polo carpinteiro do Concello seguindo as indicacións do propio artista.
As Bibliotecas Municipais de Redondela e como parte das celebracións do Día Mundial do Libro, fixeron entrega dos premios aos lectores e lectoras, maiores de 14 anos, que durante o pasado 2021 utilizaron máis o servizo de préstamo.
O Concello de Redondela presentou esta semana na Casa do Concello, un ambicioso proxecto de recuperación, conservación, estudo e difusión da microtoponimia do municipio, unha iniciativa posta en marcha dende a Concellería de Normalización Lingüística que xestiona a alcaldesa Digna Rivas.
Despois de pasar por Moaña o venres 22 con pases nos institutos da comarca e proxección no salón de plenos do Concello, o FicAndaina (Festival Internacional de Curtametraxes e Diversidade) arrincou en Redondela con proxeccións para centros educativos nunha primeira xornada pola que pasaron polo multiusos da Xunqueira máis de 300 escolares , de Nigrán, Vigo e Redondela.
Redondela acolleu na mañá do xoves, 28 de abril, o inicio da campaña que a fundación Ecopilas levará a cabo en Pontevedra para facilitar que a cidadanía de 12 municipios da provincia que non dispoñen de puntos limpos poidan desfacerse correctamente das pilas e baterías usadas.
O Concello de Redondela vén de acoller “con reservas e escepticismo” o anuncio realizado pola Xunta de Galicia sobre a implantación do Bacharelato de Artes no municipio para o vindeiro curso.
O Concello de Redondela procede, nestes días, ao embelecido do casco urbano de cara á celebración da trixésimo quinta Festa do Choco que terá lugar entre o 29 de abril e o 8 de maio e que, unha vez levantadas moitas das restricións sanitarias marcadas pola Covid, recupera a súa celebración popular e de rúa.
O Concello de Redondela vén de poñer en coñecemento da veciñanza que esta vindeira semana darán comezo as obras de humanización da Avenida Santa Mariña.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.