20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaAberto o prazo de inscrición no novo Bacharelato de Artes do instituto...

    Aberto o prazo de inscrición no novo Bacharelato de Artes do instituto de Redondela

    A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de abrir o prazo de inscrición para o alumnado interesado en cursar o vindeiro curso o novo Bacharelato de Artes (vía de Artes Plásticas, Imaxe e Deseño) do IES Pedro Floriani (Redondela). A autorización destas ensinanzas no centro dá resposta á demanda da comunidade educativa redondelá.

    O novo Bacharelato impartirase en quenda de mañá. Para adaptar os espazos do centro, a Consellería realizará as pertinentes obras no instituto ao longo do verán. Desta forma, e de acadarse a matrícula suficiente, os alumnos poderán cursar estas ensinanzas o vindeiro curso.

    Dado que o proceso de autorización destas ensinanzas se iniciou logo do remate do prazo de presentación de solicitudes, a Consellería pon a disposición do alumnado de Redondela un sistema extraordinario. Cómpre lembrar que o retraso do Goberno central en publicar o novo currículo de Bacharelato adaptado á nova lei educativa impediu desenvolver este proceso con anterioridade.

    Desta forma, o IES Pedro Floriani abre un prazo de solicitudes (do 3 ao 9 de maio, ambos inclusive) para que o alumnado interesado que está a cursar 4º de ESO no centro, e que no proceso ordinario de admisión, solicitou praza noutros institutos, solicite de forma presencial continuar cursar o Bacharelato de Artes e renunciar á solicitude anterior. Admitirase a mesma solicitude do alumnado que está a cursar a ESO noutros centros docentes e solicitou praza de Bacharelato en distintos centros públicos ou privados, así como a do alumnado que non presentou solicitude en ningún centro.

    No caso que se reciban máis solicitudes que prazas se ofertan, terá prioridade o alumnado que está a cursar 4º de ESO no IES Pedro Floriani, aplicando para o resto os criterios xerais de admisión. A relación definitiva de admitidos publicarase no prazo ordinario, ata o 15 do próximo mes de maio. En calquera caso, o alumnado que non acade praza no Pedro Floriani manterá a solicitada inicialmente noutro centro. A Inspección educativa reunirase na xornada de mañá coas direccións dos institutos de Redondela para informalos de todo este proceso.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.