Venres, 9 Maio de 2025

Redondela

Redondela celebra o Día das Letras Galegas con distintas iniciativas a través das redes sociais

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Redondela, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, vén de anunciar a posta en marcha distintas propostas coa finalidade de celebrar a Semana das Letras Galegas. As iniciativas desenvolveránse través das redes sociais de cara a afondar sobre a figura do homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero, a pesar das restricións que impón a actual situación de crise sanitaria da COVID-19.

Redondela leva repartidas máis de 12.000 máscaras de protección entre o comercio de todo o municipio

O Concello de Redondela ven de rematar a distribución de máscaras cirúrxicas entre todos os comercios do municipio de cara a que poidan retomar a súa actividade coa maior seguridade posible. Para ese fin distribuíronse máis de 12.000 máscaras de protección nunha iniciativa enmarcada na campaña de protección e concienciación 'Faino por Todxs' Redondela Segura.

O BNG de Redondela, satisfeito polo compromiso de urbanizar a estrada ao colexio Portocabeiro

Xoán Carlos González, voceiro municipal do BNG de Redondela amosou a súa satisfacción "por teren conseguido o compromiso de que, nos vindeiros orzamentos, se recolla unha partida co fin de urbanizar esta estrada de acceso ao colexio de Portocabeiro, na parroquia de Vilar de Infesta”.

A ‘Mesa de Reactivación Local de Redondela’ recolle máis de 100 propostas para o estímulo económico do municipio

O Concello de Redondela, abría o pasado 24 de abril, un proceso de participación para que o sector produtivo do municipio, asociacións e partidos políticos, puideran presentar medidas específicas para a reactivación da economía local, logo da parálise sufrida como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19 e estado de alarma decretado.

Redondela pon en marcha ‘Faino por todxs’, unha campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19

O Concello de Redondela, vén de anunciar a posta en marcha dunha campaña de sensibilización e prevención contra a COVID-19 que, baixo o nome de ‘Faino por todos e por todas’ busca poñer os medios precisos para garantir a seguridade dos veciños e veciñas do municipio nesta pandemia do coronavirus.

Redondela publica as bases para a concesión de axudas sociais específicas da COVID-19

O Concello de Redondela vén de anunciar a publicación das bases e convocatoria que rexerán a concesión de subvencións de Axudas Sociais COVID-19, unha iniciativa orientada a dar resposta á crise provocada pola expansión do coronavirus e a conseguinte paralización de sectores económicos que supoñen o cese da actividade laboral.

O Goberno de Redondela manterá as franxas horarias estipuladas no estado de alarma

A liberdade horaria anunciada pola Xunta de Galicia para 1.428 parroquias de toda a comunidade que terán liberdade horaria para pasear e facer deporte, non se aplicará no Concello de Redondela, segundo anunciaron onte a alcaldesa Digna Rivas e a segunda tenenta de alcalde e portavoz de AER, Susana Couñago, e, polo tanto, seguirán vixentes as franxas horarias establecidas no Decreto do estado de alarma.

O Concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas dos bancos marisqueiros

O concello de Redondela colabora coas mariscadoras na retirada de algas nos bancos marisqueiros. Concretamente na praia de Cesantes nunha xornada de traballo incansable das mariscadoras de Redondela retirando “abono”, como lle chaman estas mulleres do mar a esta manta de algas que se forma e que pon en perigo os cultivos dos bancos marisqueiros.

Redondela facilitará a ampliación das terrazas e peonalizará a zona centro durante as fines de semana

Persoal técnico do Concello de Redondela comezou onte cos traballos de revisión dos expedientes das terrazas dos establecementos hostaleiros de cara a estudar a ampliación do espazo que tiñan asignado. A medida ten como obxectivo permitir que poidan manter o espazo de seguridade dous metros entre as mesas “sen que iso supoña unha redución da capacidade e coa clara finalidade de beneficiar a recuperación do sector da hostalaría”, explicou a alcaldesa Digna Rivas.

O Goberno de Redondela explica á oposición todas as medidas adoptadas dende o comezo da crise sanitaria da COVID-19

“Dende o minuto un da crise sanitaria, o Concello de Redondela puxo en marcha todos os mecanismos precisos centrados nun único obxectivo: salvagardar a saúde dos nosos veciños e veciñas e axudar aos sectores máis vulnerables”, asegurou a alcaldesa de Redondela Digna Rivas quen explicou aos grupos da oposición, de xeito detallado, todas as medidas que o seu Goberno desenvolvera ante unha situación de emerxencia “nunca antes dada e que, nalgúns aspectos, marcará un antes e un despois”.

Redondela pon en marcha un servizo específico de información e consultas relacionadas coa COVID-19 para Pemes e autónomos

A partir do 11 de maio, Pemes, autónomos e autónomas e persoas traballadoras de Redondela, poderán contar cun servizo de atención persoalizada, apoiado por expertos nos distintos ámbitos temáticos, no que se resolverán as dúbidas que se lle poidan presentar e se lles informará das axudas de carácter fiscal, laboral e económico postas en marcha pola emerxencia sanitaria da COVID-19.

O BNG de Redondela propón a “humanización integral” con carril bici da Avenida Mendiño

O portavoz do BNG de Redondela, Xoán Carlos González, asegurou hoxe que as obras que se van a realizar na Avenida Mendiño, supoñen "unha oportunidade única para convertela nun espazo urbanbo para a veciñanza" e lamenta que o proxecto da Xunta de Galicia "cree zonas de primera e de segunda".