Luns, 4 Agosto de 2025

Comarcas

A Deputación e o Concello de Ponteareas apostan polo rural

O rural de Ponteareas recibiu dous novos investimentos da Deputación, a través do Plan Concellos, que serviron para mellorar camiños en Santiago de Oliveira e Outeiro de Castro (Fozara) cun orzamento total que se achega aos 61.500 euros.

Homenaxe a Xela Arias este sábado na Guarda “Todalas poetas son tu e ningunha coma ti”

A Concellería de cultura do Concello da Guarda organiza unha completa programación de actividades en torno as nosas letras e entorno á figura homenaxeada este ano, Xela Arias.

A Cañiza recibe a visita do Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil

Esta mañá visitou o Concello o Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga, para coñecer e tratar co alcalde, Luis Piña, as principais problemáticas relacionadas coas depuracións de augas residuais, saneamentos e limpeza de cauces de ríos así como dos sistemas de abastecemento de augas de consumo aínda que esta é unha competencia de Augas de Galicia da Xunta.

Regresa ao Pazo de Mos o festival infantil Musicando no Canto Conto

As Maimiñas, Mai e Miña, Lucía Lago e Irene Álvarez, presentaron esta mañá no Concello de Mos xunto coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de Cultura e Turismo, Política Social e Igualdade e Participación Cidadá, Sara Cebreiro, unha nova edición do Festival Infantil Musicando no Canto Conto.

A Xunta outorga axudas para mellorar as coleccións das nove bibliotecas do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, vén de outorgar máis de 25.000 euros en axudas para a adquisición de novidades editoriais en galego e para a mellora de coleccións bibliográficas a nove bibliotecas municipais e axencias de lectura das bisbarras do Baixo Miño, O Condado e A Paradanta.

A Xunta investirá na mellora da depuradora de Ponteareas en colaboración con Concello e Acuaes

A Xunta prevé investir 2,3 millóns de euros na ampliación e mellora da depuradora de Ponteareas, no marco dun convenio de colaboración con Acuaes e o Concello que se prevé pechar este mes para avanzar na tramitación.

Nigrán ofrece este sábado cine na rúa en Chandebrito coa proxección de ‘A Esmorga’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo Mes das Letras Galegas, ofrece este sábado ás 22:00 horas en Chandebrito (Torreiro Vello) a longametraxe 'A Esmorga' (2014) coa presenza do seu director Ignacio Vilar, que establecerá un diálogo co público asistente.

O alcalde da Cañiza entregou premios aos gañadores dos certames literarios

O alcalde Luis Piña, acompañado do Concelleiro de Cultura, Rubén Muiños, fixo entrega onte, Día das Letras Galegas, nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello, dos diplomas e tablets aos catro concursantes gañadores do XXII Concurso de Poesía e XX Concurso de Relatos ou Narraccións Breves.

Aberto dende hoxe o prazo para solicitar praza nos campamentos de verán e campos de voluntariado en Tomiño

A partir de hoxe, mércores, 19 de maio poderase solicitar praza para os Campos de Voluntariado 2021. Os campos de Galicia son para mocidade con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos. Noutras comunidades hai algunha praza para persoas a partir dos 16 anos.

Un prestixioso premio de arquitectura máis podería recaer en Mos

O Concello de Mos celebra incorporar un proxecto mosense máis, candidato a un prestixioso premio de arquitectura. Chega agora o recoñecemento á Cidade Deportiva Afouteza, finalista da Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo.

Ponteareas abre unha nova convocatoria de axudas para a compra de libros de texto e material escolar

A Concellería de Ensino de Ponteareas, que dirixe a alcaldesa en funcións Cristina Fernández Davila, vén de convocar un ano máis as axudas municipais de apoio ao estudo, destinadas ao alumnado matriculado en 4º, 5º e 6º de infantil, FP básica, ciclos formativos e bacharelato para o curso 2021/2022.

Adif inicia as catas xeotécnicas para a redacción do proxecto de supresión do paso a nivel do Porriño

Adif iniciou as catas sobre o terreo para a redacción do estudo xeotécnico, estudo de alternativas, proxecto básico e proxecto de construción para a supresión do paso a nivel do Porriño, na liña de ancho convencional Monforte de Lemos-Vigo.