7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán ofrece este sábado cine na rúa en Chandebrito coa proxección de...

    Nigrán ofrece este sábado cine na rúa en Chandebrito coa proxección de ‘A Esmorga’

    O director da longametraxe, Ignacio Vilar, estará presente para establecer un diálogo co público. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias

    O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial polo Mes das Letras Galegas, ofrece este sábado ás 22:00 horas en Chandebrito (Torreiro Vello) a longametraxe ‘A Esmorga’ (2014) coa presenza do seu director Ignacio Vilar, que establecerá un diálogo co público asistente. A entrada é de balde ata completar o aforo permitido polas autoridades sanitarias.

    ‘A Esmorga’ é unha adaptación da novela homónima de Eduardo Branco Amor, protagonizada por Miguel de Lira como Cibrán,  Karra  Elejalde como Bocas e Antonio Durán “Morris” como  Milhomes. A historia está ambientada na cidade de Ourense, lugar onde se rodou e onde transcorre a noite de festa dos tres personaxes principais. Trátase dunha crónica tensa e intensa de 24 na vida de tres homes, compañeiros de esmorga que, deixando un regueiro de destrución, de sexo equívoco e reprimido, van fechando as portas tras si e guindando coas chaves, como para non querer volver, tal coma se adrede camiñaran á súa perdición.

    “Creo que o cinema é un grande instrumento para artellar un país. Os clásicos son os espazos comúns de todos os galegos e galegas, e neste momento necesitamos eses espazos comúns. A Esmorga é un deles”, sinala Ignacio Vilar, o seu director, ao respecto.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.