O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, felicita a veciña de Ponteareas Nuria Gesteira polo seu segundo premio no Día do Traxe de Galicia. A propietaria de AdobiArte foi premiada en Santiago de Compostela polo boa factura do seu traxe tradicional de O Condado-Paradanta.
A Escola de Música de Xinzo deu comezo ao período de inscrición para o próximo curso. Dende o pasado 15 de xullo, os novos alumnos xa poden matricularse nas clases de Linguaxe Musical e de Instrumento, ao que se suma a posibilidade de entrar a formar parte da Banda de Música Infantil.
O campamento cubriu as súas cen prazas aos poucos días de abrirse os prazos de inscrición e desenvolveuse nas dúas quincenas do mes de xullo, con grupos diferenciados como “burbullas” e mantendo en todo momento as normas estipuladas pola normativa Covid-19 vixente no momento.
O alcalde da Cañiza, Luis Piña, reuniuse o pasado martes 27 de xullo no Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana co Secretario General de Infraestruturas, Sergio Vázquez.
As actividades educativas do Revitaliza están, efectivamente, destinadas a nenos de Infantil, Primaria e Secundaria nos campamentos urbanos, cunha pequena parte teórica e outra práctica.
A Concellería de Servizos Sociais, que xestiona a alcaldesa Digna Rivas, lamentou que o Partido Popular de Redondela “minta sen ningún tipo de pudor” sobre as axudas ao CIM e as cantidades que o Concello deberá reintegrar á Consellería de Emprego por horas non utilizadas “unha circunstancia que, dende o cambio de normativa por parte da Xunta, no 2016, é habitual”.
O Concello de Ponteareas iniciou os traballos de redacción do proxecto de transformación e mellora da rúa da Braña e, con el, un proceso participativo para que residentes, comerciantes e asociacións poidan achegar as súas suxestións e propostas.
O Concello de Redondela vén de lembrar a todas as interesadas e interesados que aínda permanece aberto prazo para solicitar axudas de comedor escolar e para a adquisición de libros e material curricular para o alumnado de educación infantil da segunda etapa (de 3 a 5 anos) para o curso 2021/2022.
O festival Nigranjazz, organizado polo Concello de Nigrán e co apoio da Deputación de Pontevedra a través da liña 2 do Plan Concellos, volverá a reunir este venres e sábado na súa décimoquinta edición no esteiro de A Foz (A Ramallosa) aos músicos nacionais e internacionais con maior proxección planetaria nun ano marcado novamente polas limitacións da pandemia.
Hoxe venres 30 de xullo, a Alameda de Castelao de Redondela será escenario de diferentes actuacións musicais, dentro da programación de verán que ofrece o Concello de Redondela.
A Policía Local de Tui iniciará onte xoves unha campaña de especial atención na zona azul do municipio. Deste xeito búscase garantir a rotación nos vehículos estacionados nestas zonas de aparcamento gratuíto limitado no tempo ante a gran demanda que se produce nos meses de verán.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.