14.7 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas abre un proceso participativo para o proxecto de mellora da rúa...

    Ponteareas abre un proceso participativo para o proxecto de mellora da rúa da Braña

    Veciñanza e colectivos poderán achegar as súas suxestións e propostas ata o vindeiro 8 de agosto

    Imaxe de arquivo da rúa da Braña

    O Concello de Ponteareas iniciou os traballos de redacción do proxecto de transformación e mellora da rúa da Braña e, con el, un proceso participativo para que residentes, comerciantes e asociacións poidan achegar as súas suxestións e propostas. O proceso de transformación da rúa comezou hai xa un ano, momento no que o Concello realizou melloras na contorna co obxectivo de recuperar espazos públicos para o goce da veciñanza, gañar espazos peonís e reducir o tráfico motorizado, o que supuxo unha melloría da mobilidade a pé e da seguridade viaria e unha redución da contaminación atmosférica e acústica.

    Tras estas actuacións previas, o Concello comeza a redacción do proxecto de transformación e mellora da rúa, “que permitirá no futuro inmediato levar a cabo unha remodelación coa que mellorar a calidade de vida da poboación, especialmente de residentes e comerciantes”, como sinala o concelleiro de Mobilidade e Participación Cidadá, Roberto Mera.

    Estes traballos de transformación buscan converter a rúa da Braña nunha rúa pensada para as persoas, con amplos espazos de tránsito peonil e de estancia e relación social, dotada de elementos como bancos, nova iluminación ou panel informativo dixital. Unha rúa amábel que garanta a accesibilidade das persoas con diversidade funcional e que conte tamén con pavimentos de calidade, arborado e sombra, axardinamento e papeleiras. Ademais, o proxecto deseñarase pensando na convivencia das persoas co tráfico motorizado de necesidade, como accesos a garaxes, carga e descarga, mensaxería e reparto, servizos, emerxencias… facilitando e potenciando así a actividade comercial e garantido a seguridade das persoas.

    Aquelas persoas ou colectivos que queiran achegar as súas ideas, preferencias e opinións poderán facelo ata o vindeiro 8 de agosto a través do correo participacioncidada@ponteareas.gal ou no Rexistro Xeral do Concello. Unha vez redactado o proxecto, darase a coñecer á poboación e, se a situación

    sanitaria o permite, celebrarase un encontro aberto a toda a veciñanza para a súa presentación e para unha nova recollida de opinións e suxestións.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.