Luns, 16 Xuño de 2025

Comarcas

Roteiros transfronteirizos da Eurocidade Tomiño-Cerveira para dar a coñecer o patrimonio cultural e natural

A Eurocidade Cerveira-Tomiño organiza este verán os Roteiros do Miño; unha serie de percorridos que teñen como obxectivo dar a coñecer territorios transfronteirizos valiosos a nivel paisaxístico, cultural, patrimonial, ambiental ou natural.

A intelixencia emocional a xogo en Gondomar

Baixo o título “Unha viaxe ao meu corazón” desenvólvese estas semanas no municipio un taller psicoeducativo, organizado pola Concellería de Xuventude que dirixe Nuria Lameiro, centrado no traballo e xestión das emocións propias e alleas. Un total de 30 nenos e nenas, de entre oito e 12 anos, do municipio participan nesta actividade, que se dividiu en dous grupos, finalizando o primeiro este pasado venres

Máis de catrocentas persoas reclaman en Tomiño unha Asistencia Primaria digna

Máis de 400 persoas reclamaron, este sábado 7 de agosto en Tomiño e respondendo a un chamamento da Plataforma en defensa da sanidade Pública de Tomiño, mais médicos, mais administrativos e a reapertura do consultorio médico de Goián, en suma, unha Asistencia Sanitaria Digna da que se ven privadas moitas localidades e que é especialmente sangrante no Baixo Miño.

Nigrán reclama á Xunta que inclúa o Templo Votivo do Mar no Plan Xacobeo do Goberno de España para restaurar patrimonio

O Concello de Nigrán demanda á Xunta de Galicia que inclúa o Templo Votivo do Mar de Panxón no Plan Turístico Xacobeo 21-22 do Goberno central para a restauración de monumentos ante o seu grave deterioro. A comunidade ven de recibir 25 millóns de euros para este fin sen que figure entre os seus once proxectos anunciados a igrexa de Panxón pese a estar en verdadeiro risco de sufrir danos irreparables desde hai décadas e pese a que no 2009 se aprobou por unanimidade no Parlamento de Galicia unha proposta non de lei para realizar no prazo máximo dun ano un proxecto técnico dirixido a súa rehabilitación.

Cristina Fernández, “a gran maioría da xente, utilizando o sentido común, sabe que as obras fanse para mellorar”

Cristina Fernández Davila é alcaldesa de Ponteareas, cargo que viña desempeñando en funcións dende decembro do 2020 por enfermidade de Xosé Represas e que asume definitivamente tralo seu pasamento. Non é allea ao reto que se lle presenta –Xosé Represas deixou o listón ben alto– pero posúe a vantaxe de ter sido, durante os seis últimos anos, a man dereita do finado alcalde.

Ponteareas reclama a reposición das prazas de persoal sanitario que o Sergas suprimiu na última década

O Sergas, debido a falta de persoal facultativo que poda substituír baixas ou vacacións, decidiu interromper todas as consultas ordinarias en horario de tarde no centro de saúde de Ponteareas, e derivar aos pacientes de urxencia ou que xustifiquen que non puideron acudir de mañá ao PAC.

Centos de persoas rexeitan a construción dun parque eólico no San Nomedio, nas Neves

Centos de veciños das Neves, representantes das comunidades de montes de Santiago de Ribarteme, Rubiós, Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns e o Goberno local ao completo, achegáronse este sábado ata o miradoiro de San Nomedio para amosar o rexeitamento ao proxecto do parque eólico que, baixo o nome de 'Coto de Lobos', pretende instalarse neste enclave único da vila.

A marcha de Conxelados El Mar do polígono de Monte Faquiña, en Mos, preocupa á Plataforma Empresariado Galego

A empresa Congelados el Mar decidiu ven de confirmar a súa intención de deixar o Polígono Industrial de Monte Faquiña, en Tameiga, debido á pretensión da Comunidade de Montes de subir o prezo do canon polo uso dos terreos, a inseguridade que supoñería para a empresa realizar novos investimentos nun chan que non poderá ser adquirido e "ante a posibilidade de que os propietarios volvan cambiar a regras do xogo",

A rúas de entrada do Camiño Portugués en Tui locen bandeirolas de benvida as persoas que peregrinan

As rúas de entrada ao conxunto histórico de Tui, concretamente a rúa Sanz e un treito da rúa Seixas locen dende hai varios días diversas bandeirolas co obxectivo de dar a benvida aos peregrinos que chegan ata Tui polo Camiño Portugués. Foron instaladas pola Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Tui.

Cine ao aire libre con ‘Cuñados’ o próximo mércores na praza do Maio de Tabagón, O Rosal

O próximo mércores día 11 a praza do Maio de Tabagón convertérase nunha sala de cine ao aire libre. Ás 22.00 horas comezará a proxección de “Cuñados”, unha comedia liderada polos galegos Xosé A. Touriñán, Miguel de Lira, e Federico Pérez. A entrada é de balde, pero debe reservarse a través da web do Concello.

A Cañiza, xogando en cor

O alcalde da Cañiza, Luís Piña, xunto cos concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, inauguraron a mostra A Cañiza xogando en cor, unha orixinal idea formada por dez Cubos de Rubik e 6 dados de cores, dun tamaño de 1’25 metros cúbicos feitos por persoal do concello durante o inverno, aproveitando e reciclando os materiais de transporte das novas luces led de Valeixe.

O Goberno local redondelán reafirma a súa aposta polo deporte e pola mellora das infraestruturas deportivas

O Goberno local de Redondela, a través da Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, vén de rematar os traballos de mellora e recuperación da pista e das bancadas do pavillón do CEIP de Porto Cabeiro, instalación de titularidade municipal e que, fora das horas lectivas, é utilizado por diferentes clubs deportivos da parroquia.