Domingo, 8 Xuño de 2025

Comarcas

O Rosal desfrutará do teatro familiar coa obra ‘O secuestro da bibliotecaria’

O Rosal estrea setembro cunha nova cita cultural. Este domingo 5 Sarabela Teatro chega ao auditorio municipal ás 19:00 horas coa súa obra de teatro familiar O secuestro da bibliotecaria, unha peza dirixida e adaptada por Fina Calleja a partir da obra orixinal da escritora neozelandesa Margaret Mahy e que contará cun elenco conformado por Fernando Dacosta, Sabela Gago, Nate Borrajo, Josito Porto e Alfonso Míguez.

Gondomar propoñerá bautizar o pavillón de deportes de Donas co nome de Desirée Vila Bargiela

“Dános igual o resultado, xa é a nosa campioa”, así valorou o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, a actuación de Desirée Vila, veciña do municipio, nos Xogos Paralímpicos de Tokio 2020 na proba de salto de lonxitude T63 na que quedou en sexto lugar.

O Goberno local de Redondela reordena as súas areas de traballo nas que “o servizo á cidadanía seguirá sendo a única prioridade”

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, asinou o pasado 31 de agosto a aceptación da renuncia dos tres concelleiros de AER, e a conseguinte remodelación das áreas de Goberno para as que non haberá maior prioridade que “o servizo as nosas veciñas e veciños e traballar arreo para mellorar a calidade de vida da cidadanía”, afirmou a rexedora redondelá.

O ‘Torneo de Tenis Concello de Ponteareas’ volve á pista o vindeiro venres

O tenis é o deporte protagonista do inicio do mes de setembro en Ponteareas. O Club Tenis Ponteareas, en colaboración co Goberno local, organiza entre o vindeiro venres día 3 e o domingo 12 de setembro o 'Torneo de Tenis Concello de Ponteareas', un evento destacado na tradición deportiva da vila que acada xa a súa duodécima edición.

A Xunta habilitará preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial nos concellos de Mos e Redondela

A modificación do Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG) impulsada pola Xunta permitirá habilitar preto de medio millón de metros cadrados de solo industrial nos concellos de Mos e Redondela, que concentran unha gran actividade económica e empresarial e necesitan máis superficie preparada para acoller este tipo de usos.

A Volta Ciclista a España pasa este sábado por Tui

A Volta Ciclista a España pasará este sábado, 4 de setembro polas rúas do centro urbano de Tui. Será a 20ª etapa que sairá dende Sanxenxo e terá a liña de meta no Castro de Herville en Mos, tras un percorrido de 202,2 quilómetros.

Roberto Mera cualifica de “falta de ética e indecencia” a “manipulación” do PP sobre o seu salario como concelleiro

O concelleiro nacionalista do Concello de Ponteareas, Roberto Mera, denunciou onte a través dunha mensaxe na súa conta de Whatsapp, o que cualifica de "manipulación de cifras e conceptos" que o Partido Popular fai sobre os salarios dalgúns membros do Goberno a través duns folletos distribuídos entre a cidadanía. "A única intención é a de facer crer a opinión pública que eu e outros compañeiros e compañeiras do Goberno cobramos do concello 40.000 euros anuais", afirma o concelleiro na súa conta de mensaxería instantánea.

Máis de 400 nenos desfrutaron dos campus de verán de Ponteareas

Ponteareas planificou un verán cheo de actividades e aventuras para os nenos, e así foi. Máis de 400 menores desfrutaron dos campus do Concello durante xullo e agosto.

A Xunta licita a rehabilitación integral do instituto IES Pino Manso do Porriño

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, visitou hoxe o instituto IES Pino Manso, no Porriño, onde a Xunta vén de licitar o proxecto de rehabilitación integral por máis de 1,2M€.

O CEIP Infante Felipe de Borbón de Salvaterra rehabilitarase integralmente coa axuda da Xunta

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou o CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón en Salvaterra do Miño para anunciar a licitación por case 885.000 euros da rehabilitación integral deste centro educativo.

Nigrán ofrece este sábado a actuación do tenor José Manuel Zapata

O Concello de Nigrán pechará a súa programación especial de verán co actuación estelar do tenor José Manuel Zapata (Granada, 1973) o sábado 4 de setembro ás 21:00 horas no campo de fútbol de Lourido.

O Concello de Oia adquirirá varias parcelas nos arredores do Mosteiro

O Concello de Oia dá os primeiros pasos na súa aposta pola mellora da mobilidade no contorno do Mosteiro e o casco histórico do Arrabal mediante a adquisición de varios terreos situados nas inmediacións.