Domingo, 8 Xuño de 2025

Comarcas

‘Veado do Bosque’ de Cerveira eleito uma das ‘7 Maravilhas da Nova Gastronomia’

Com assinatura do Restaurante Dom Júlio, por Gonçalo Araújo, o ‘Veado do Bosque’ é uma das 7 Maravilhas da Nova Gastronomia de Portugal, na categoria Cozinha Molecular. A Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira felicita os proprietários, o chefe de cozinha e toda a equipa de colaboradores da unidade hoteleira instalada no concelho pelo prémio meritório que muito honra e eleva o nome do concelho.

O GDR Eurural continúa o intercambio de ideas e experiencias co norte de Romanía a través do proxecto Eurochef

O GDR Eurural continúa a dar pasos no camiño para poñer en valor os produtos gastronómicos do territorio máis alá das nosas fronteiras ao abeiro do proxecto Eurochef. A presidenta do grupo de desenvolvemento, Sandra González, recibiu este luns á comitiva con representantes dos seus socios no proxecto de cooperación transnacional Eurochef que, tras a súa participación no Salón da Alimentación do Atlántico de Silleda, están a percorrer o territorio para afondar no intercambio de ideas e experiencias.

O Goberno redondelán manterá unha xuntanza coa veciñanza de Redondela para dar conta do inicio das obras da Praza de Ponteareas

Informar sobre a nova Praza de Ponteareas e o que esta obra significa para o desenvolvemento futuro de Redondela, é un dos obxectivos que busca a reunión aberta que o Goberno local manterá coas veciñas e veciños o vindeiro mércores, 8 de setembro, ás 20 horas no Multiúsos da Xunqueira.

A Banda Xuvenil de Xinzo presentará o seu repertorio musical o vindeiro mércores no parque da Feira Vella de Ponteareas

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo pon a punto os seus instrumentos para presentar todo o seu amplo repertorio musical no parque da Feira Vella o vindeiro mércores ás 21.00 horas. A entrada para asistir ao concerto desta agrupación histórica de Ponteareas será de balde ata completar aforo. O concelleiro de Cultura anima á veciñanza a asistir a este espectáculo que “mostra o gran talento musical dos mozos e mozas da nosa vila”.

A alcaldesa do Porriño agarda manter unha reunión de traballo coa nova presidenta da ADIF

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, remitiulle onte un escrito a María Luisa Domínguez, nova presidenta do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), na que a rexedora local expresáballe a súa felicitación polo seu recente nomeamento, consecuencia da última remodelación ministerial realizada polo presidente do Goberno.

Os comedores escolares de Gondomar poñen ao dispor dos pais e nais a app ‘Colechef’ para atender as súas dúbidas e demandas

A instalación de 'Colechef', obrigatoria para os usuarios do comedor, é moi intuitiva e unha vez accédese ao rexistro da aplicación deberán introducir o DNI e o correo electrónico (de nai ou pai) tras o que aparecerán datos para a súa confirmación ou modificación, aceptando a operación unha vez concluída para activala. No caso de novos usuarios tras completar eses mesmos pasos deberán introducir un código que se lles remitiu por carta.

A Comisión Territorial da Xunta en Pontevedra anuncia investimentos para A Paradanta por importe de 1,8 millóns de euros

A Comisión Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra celebrou hoxe a súa reunión mensual no municipio de Covelo, no marco da filosofía de descentralización destes encontros de traballo, e abordou os vindeiros investimentos do Goberno galego para a comarca da Paradanta, que están cifrados en máis de 1,8 millóns de euros.

Os nenos e nenas de Ponteareas desfrutarán de 12 xornadas de xogos nos centros culturais este mes

Ponteareas acolle dende hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Celeiros. É a primeira das 12 que percorrerán o municipio durante este mes de setembro, e que continúan o programa lúdico nos centros culturais que xa se realizou en agosto. O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que con estas actividades “queremos que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan desfrutar xogando sen saír das súas parroquias”.

A Biblioteca Municipal de Salvaterra viaxa polas parroquias ao abeiro do programa de dinamización da lectura ‘Ler conta moito’

As parroquias de Salvaterra, Cabreira, Leirado, Meder e Arantei acollerán dende o último venres de setembro e os catro primeiros de outubro diversas actividades de animación e dinamización enfocados a fomentar o hábito da lectura entre os nenos e nenas de Salvaterra de Miño.

Empresas e profesionais da música de Galicia e Portugal tenden novas pontes no MUMI, do 9 ao 11 de setembro

Os dereitos das artistas, as diversas formas de apoio á cultura, o papel das salas de concertos e dos festivais, ou o asocianismo na xestión cultural serán algún dos temas que aborden os faladoiros programados polo MUMI 2021. Do 9 ao 11 de setembro a Eurocidade Tui-Valença acolle o Encontro Profesional das Músicas no Minho, cun programa completo que xa se pode consultar en mumimusicas.eu.

Bruce Grinn e The Mirror enchen de són A Guarda no ‘Música nos Xardíns 2021’

O pasado venres 3 de setembro Bruce Grinn foi o encargado de iniciar o segundo concerto de Música nos Xardíns, unha iniciativa coa que o Concello da Guarda quere ofrecer visibilidade aos novos talentos musicais do municipio da súa contorna e que, neste 2021, incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos.

Redondela fomenta o contacto directo entre a veciñanza e as concelleiras e concelleiros do grupo de Goberno

O Concello de Redondela, vén de dar un paso adiante na participación cidadá posibilitando que a veciñanza poida solicitar reunións cos concelleiros e concelleiras do grupo de Goberno e así poder trasladarlles, directamente, as súas demandas e suxestións. Trátase, explica a alcaldesa Digna Rivas, “establecer canles de comunicación directa entre as veciñas e veciños e os responsables de cada área coa intención de axilizar a administración local”.