Xoves, 5 Xuño de 2025

Comarcas

Novo reservatório de abastecimento de água de Candemil

Está praticamente concluída a empreitada de instalação de um reservatório em Candemil que vai permitir um reforço de abastecimento de água não só às populações de Candemil, como também às freguesias vizinhas de Gondar, Mentrestido e Sapardos.

A Concellería de Cultura de Redondela presenta a programación cultural para os vindeiros catro meses

A Concellería de Cultura que xestiona Iria Vilaboa vén de presentar a programación cultural dos vindeiros catro meses –outubro/febreiro–, unha programación variada e para todos os públicos e que, nas datas do Nadal, prestará especial atención ás actividades dirixidas aos máis pequenos e pequenas.

O Concello de Baiona, premio á mellor xestión deportiva de Galicia 2020

A Sociedade Galega de Xestores Deportivos (Agaxede) concedeu ao Concello de Baiona o premio ao mellor concello de Galicia en xestión deportiva na categoría de concellos de menos de 15.000 habitantes que concede anualmente os Premios Galicia á Xestión Deportiva.

‘Axentes do cambio’, o grupo de participación infantil e xuvenil do Concello de Redondela presenta o seu logo identificativo

O grupo de participación infantil e adolescente do Concello de Redondela vén de poñerse un nome e de escoller un logotipo co que darse a coñecer publicamente.

O Concello de Tui asina un convenio de colaboración coa Asociación de Muiñeiros do Tripes

O Concello de Tui asina un convenio anual de colaboración coa Asociación de Muiñeiros do río Tripes. Na propia senda dos Muíños do Tripes así o daba a coñecer o alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto ao presidente deste colectivo, Miguel Méndez, o presidente de honra, Alberto Romer, e o vogal Cristián Lago.

Medrando en Familia volve con novos obradoiros prenatais e para bebés

O programa Medrando en Familia volve este mes de outubro para continuar acompañando e apoiando a nais e pais na crianza, creando un espazo de confianza e unha rede de apoio coa que axudar e guiar ás familias e influír no benestar dos nenos e nenas.

Os veciños de Ribadetea indignados polo retraso do saneamento

Os veciños de Ribadetea amosan a súa indignación polo retraso do saneamento da parroquia. Dende a Plataforma Veciñal de Ribadetea queren lembrarlle, unha vez máis, á Consellería de Infraestructuras e Mobilidade, que Ribadetea está dentro da Rede Natura 2000.

O programa municipal MULLER Tui cumpre un ano actividade prestando servizo de atención psicolóxica e xurídica a mulleres

O programa municipal de atención integral a mulleres Muller Tui vén de cumprir un ano de actividade prestando servizo de atención psicolóxica e xurídica.

O 15 de outubro finaliza o período de pagamento voluntario dos recibos do IBI

O Concello de Redondela lembra á veciñanza que o vindeiro día 15 de outubro remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles 2021 (IBI rústica e urbana).

Todo disposto en Gondomar para a III ‘Gladiator kids’

O vindeiro sábado 16 de outubro celebrarase finalmente esta divertida carreira de obstáculos para grande e pequenos, e que o Goberno local pospuxo o pasado mes de agosto como precaución ante o aumento de casos da COVID en toda España. Agora vén con moitas ganas e probas que farán rir a máis dun e dunha.

Os GDRs Eurural e Condado Paradanta organizan tres cursos centrados na gandería

Por primeira vez, dous grupos de desenvolvemento rural veciños únense para levar a cabo accións formativas de xeito conxunto. Os GDRs Eurural e Condado Paradanta veñen de poñer en marcha tres cursos de balde centrados na gandería.

O Rosal súmase ao sendeirismo inclusivo

O Rosal continúa dando pasos para convertese nun municipio accesible e inclusivo para todos e todas. O Concello acaba de adquirir unha cadeira todo terreo para que as persoas con mobilidade reducida poidan realizar e desfrutar as sendas naturais da súa contorna.