14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaO 15 de outubro finaliza o período de pagamento voluntario dos recibos...

    O 15 de outubro finaliza o período de pagamento voluntario dos recibos do IBI

    Unha vez rematado o prazo o cobro realizarase por vía executiva coas recargas de apremio regulamentarias

    O Concello de Redondela lembra á veciñanza que o vindeiro día 15 de outubro remata o prazo para o pagamento, en período voluntario, dos recibos do Imposto sobre Bens Inmobles 2021 (IBI rústica e urbana).

    Os contribuíntes que aínda non recibiran no seu domicilio as cartas de pagamento (recibos) necesarios para realizar o pago a través da Oficina Virtual Tributaria ou en calquera das sucursais de Abanca, Caixabank ou Banco Bilbao Vizcaya, poderán obter un duplicado dos mesmos na Oficina Virtual Tributaria https://redondela.tributoslocales.es, na Oficina de Recadación e Xestión Tributaria do Concello de Redondela –rúa Ernestina Otero 35 baixo– en horario de atención ó público de luns a venres de 9:00 h a 14:00 horas e de luns a xoves de 16:00 h a 19:00 horas ou na Oficina de Chapela sita. no Camiño do Piñeiral 22 no horario de atención ao público (tódolos mércores de 9:00 h a 14:00 horas.

    Os recibos tamén poden ser solicitados a través do teléfono de atención ó contribuínte 986 408 374 ou no correo electrónico: redondela@canaltributos.com.

    Cómpre lembrar que unha vez finalizado o prazo de pagamento voluntario (o 15 de outubro) o cobro realizarase pola vía executiva coas recargas de apremio regulamentarias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.