Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

Panxoliñas, Papanoelada moteira e teatro esta fin de semana en Redondela

A programación de Nadal do Concello de Redondela ofrece esta fin de semana actividades para todos os públicos

Unha chea de cartas enchen o buzón da campaña “Agarimos do Nadal”

A caixa de correos da campaña “Agarimos do Nadal”, instalada no hall do Concello de Baiona, recibiu moitas visitas durante todos estes días. Desde centros escolares do concello ata doutros municipios, mesmo persoas individuais achegáronse a entregar in situ as súas felicitacións do Nadal.

A Xunta financia un obradoiro de emprego dual en Tui

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, participou esta mañá na inauguración do obradoiro dual de emprego de Tui.

O Nadal enche de música a parroquia de Xinzo

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Coral Cantares de Xinzo ofrecen este sábado 23 de decembro o seu último concerto do ano con ocasión das festividades do Nadal.

Desfile de rondallas, o domingo, en Nigrán

O Concello de Nigrán e o Centro Cultural Parada do Miñor ofrecen este sábado o tradicional pasarrúas de Nadal polo municipio.

O Nadal desembarca no Mercado de Tomiño cun espectáculo para a cativada

O espírito do Nadal desembarca no Mercado de Tomiño cunha experiencia teatral única para gozar en familia. O vindeiro martes 26 de decembro Migallas Teatro deslumbrará ao público con ‘Contarte con arte no Nadal’.

A ONG de Baiona “Ayuda al Mundo Necesitado” recibe 100 lotes da empresa CEAMSA

O alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña e a concelleira de Política Social, Ana María Iglesias Rodríguez, recibiron este xoves a doazón de 100 lotes de Nadal da man do director de Recursos Humanos do a empresa Ceamsa, Jorge Trigo Somoza.

A programación de Nadal leva ao auditorio da Xunqueira “A cazola de Lola”

A compañía redondelá Tanxarina é unha das grandes apostas da programación de Nadal do Concello. Baseado no conto “La petite Casserole d’Anatole”de Isabelle Carrier, Tanxarina fai unha nova lectura onde a protagonista é unha moza.

Ponteareas estrea na casa consistorial o vídeo mapping de Nadal

O Concello de Ponteareas estrea o vídeo mapping que se proxectará na casa consistorial ata o 6 de xaneiro. Será a partir das 19:00 horas cando os veciños que se acheguen á cita poderán descobrir as animacións que iluminarán o edificio municipal e que están ligadas tanto ao Nadal .

Uxía e os seus Cantos e contos de Nadal encherán mañá sábado o auditorio de Covelo

O IX galardón “Síntete Covelo” recoñecerá a traxectoria de Joaquín Vales Piña e Xabi Gómez Lorenzo. Será mañá sábado día 23 de decembro no auditorio municipal de Covelo ás 18 horas.

O AECT Rio Minho aprobou o Plan de Actividades e Orzamento para 2024

Esta semana, na sede do AECT Rio Minho, en Valença, foi aprobado en Asemblea Xeral o Plan de Actividades e Orzamento para 2024, cun investimento global de 509.215,00 euros.

Camiño navideño en Mos con iluminación xacobea e concerto de Malvela

Onte pola tarde celebrouse na Igrexa de Santa Baia e no Pazo de Mos o acto "Acendemos o Xacobeo" promovido por Turismo de Galicia da Xunta de Galicia e o Concello de Mos, dentro da acción de iluminación de monumentos "CamiñodeSantiago2024" para dar a benvida ao novo ano, 2024.