Domingo, 21 Setembro de 2025

Comarcas

Nigrán proxecta hoxe o filme ‘El origen de los guardianes’

O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, proxecta hoxe, martes 26 de decembro, ás 18:00 horas no auditorio municipal a película de animación 'El origen de los guardianes' (2012).

“Pequeno circo de Nadal” chega este martes a Salceda de Caselas

O Praza do Concello de Salceda de Caselas será escenario este martes, 26 de decembro, da actuación de Nelson Quinteiro Producciones, que porá en escena a obra “Pequeno circo de Nadal” no marco do ciclo “Tornar ás táboas”.

O alumnado do Programa de Emprego de Hostalaría e Cociña brilla na recepción de Nadal do Concello

O alumnado traballador do Programa de Emprego de Redondela TIC III, na modalidade de Hostalaría e Cociña, traballou moi duro xunto as súas mestras para presentar o seu primeiro traballo: a preparación e servizo dos petiscos de Nadal do Concello de Redondela.

O Concello de Mos repartirá miles de uvas na súa Festa Pre Fin de Ano

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, xunto cos demais membros do goberno local, presentaron no Pazo de Mos a Festa Pre Fin de Ano que se celebrará o vindeiro 30 de decembro nesa mesma ubicación.

Novas incorporacións á Policía Local de Ponteareas

O Concello de Ponteareas aumenta o cadro de persoal da Policía Local mediante a incorporación de dous efectivos. A alcaldesa, Nava Castro, e o tenente de alcalde, Juan Carlos González, recibiron aos axentes que desde hai unhas semanas xa forman parte deste servizo municipal e avanzaron que ao longo do 2024 uniranse catro axentes máis.

Traballadores de locais de ocio nocturno fórmanse contra a violencia sexual en Redondela

A Concellería de Igualdade do Concello de Redondela celebrou dúas sesións do programa “Fóra agresións” no que se ofreceu formación para a prevención, detección e acompañamento nas violencias sexuais nos locais de lecer nocturno.

Rematada a terceira fase de escavacións do Castro de Pereiras

O xefe do Servizo de Arqueoloxía da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Roberto Pena, acompañado pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Patrimonio e da parroquia de Pereiras, Leo Costas, e representantes da Comunidade de Montes de Pereiras visitaron os xa rematados traballos da terceira fase de escavacións do Castro de Pereiras.

Tomiño estreará en 2024 unha área para autocaravanas no Seixo

Tomiño comezará o novo ano estreando a nova área de autocaravanas do Seixo. A alcaldesa, Sandra González; o vicepresidente da Asociación Galega de Autocaravanas, Julio Martín; concelleiros municipais e membros da directiva da Comunidade de Montes de Tomiño visitaron a zona para autocaravanas.

O servizo público de Atención Temperá de Covelo ofrece pautas para elixir os agasallos de Nadal dos cativos

O goberno do Concello de Covelo, liderado polo alcalde Pablo Castillo, quere agradecer o traballo realizado polas tres profesionais do servizo de Atención Temperá que ao longo deste ano deu apoio a 10 familias de Covelo e a un total de 70 nenos nos catro concellos que cubre.

A Xunta inviste nas asociacións e agrupacións da comarca Condado-Paradanta

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou a Comunidade de Traída de Augas de Aráns e a Comunidade de Usuarios de Augas de Vilariño de Parada, no concello de A Cañiza.

A Xunta destaca a ampliación do centro de saúde do Porriño

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, acompañada pola xerente do Sergas, Estrella López-Pardo, do director da Axencia Galega da Industria Forestal, Jacobo Aboal, e do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, constatou esta semana o avance das obras de mellora no centro de saúde do Porriño.

A II San Silvestre Solidaria de Tui agarda superar as 600 persoas participantes

A San Silvestre Solidaria de Tui agarda bater un novo récord de participación, superando as 600 persoas participantes, na súa segunda edición o próximo sábado 31 de decembro. A proba foi presentada este mediodía na casa do concello de Tui.