Sábado, 20 Setembro de 2025

Comarcas

Redondela fai historia e rende homenaxe aos veciños deportados en Mauthausen

O paseo da Xunqueira de Redondela, ás portas do Multiúsos, acolleu o acto de homenaxe aos veciños do municipio represaliados nos anos 40 e que acabaron no campo de concentración de Mauthausen. Antonio Piñeiro Otero, José González Vázquez e Olimpio Míguez Pazos foron asasinados neste campo de exterminio nazis, e Alejandro Lafuente Pose foi liberado polas tropas aliadas en maio de 1945.

Ponteaeas lembrará a Alfonso Quinteiro durante todo o ano no marco da celebración do centenario do seu nacemento

O Concello vén de iniciar a conmemoración do centenario do nacemento de Alfonso Quinteiro coa presentación do libro no que o escritor Manrique Fernández afonda na figura do artista local. No acto, que tivo lugar hoxe no salón de plenos, deuse a coñecer as demais actividades coas que se lembrará ao escultor durante todos os meses do ano.

As Bibliotecas Municipais de Redondela celebran o Día da Ilustración cunha sesión de debuxo

As Bibliotecas Municipais de Redondela convidan aos nosos usuarios e usuarias a participar nas actividades que organizan, o martes 30 de xaneiro con motivo do Día da Ilustración, data que o Calendario do Libro e a Lectura de Galicia recolle en conmemoración do nacemento de Castelao.

Luis López contrapón a aposta do PP polos Servizos Sociais no Condado-Paradanta fronte á “pobreza social” do PSOE-BNG

O presidente do PP Provincial e da Deputación de Pontevedra, Luis López, contrapuxo, nun encontro en Ponteareas cos representantes populares das bisbarras do Condado e A Paradanta, a “forte aposta” do Partido Popular polos Servizos Sociais desde a Xunta de Galicia, cunha achega anual de 9,5 millóns de euros para estas atencións nestes nove concellos do sur da provincia, fronte á “pobreza social” na atención a maiores, dependentes e familias dos modelos que implantan PSOE e BNG nas administracións.

O parking municipal da Ramallosa, en Nigrán, duplica o número de usuarios no seu segundo ano de funcionamento

O Concello de Nigrán contabilizou preto de 275 341 estacionamentos de vehículos durante estes dous primeiros anos de reapertura do parking municipal e gratuíto da Ramallosa. Isto tradúcese en que a media de usuarios duplicouse ao pasar de preto de 300 vehículos diarios no 2022 a 600 no 2023. O consistorio asumíu o 5 de xaneiro de 2022 a súa xestión directa tras conseguir remunicipalizar esta infraestrutura que antes dirixía a concesionaria 'Estacionamientos Valle Miñor, S.L.', empresa liquidada e disolta no 2019.

A Guarda publica as bases de participación no Desfile de Entroido 204

O Entroido se transforma na Guarda neste 2024 incorporando importantes novidades tanto na data, no percorrido como nas características das categorías participantes. Así o desfile realizarase o venres 16 de febreiro ás 20:00 h inaugurando un novo percorrido entre a Alameda e a Rúa do Porto, que transcorrerá por Concepción Arenal.

O PSOE de Ponteareas valora positivamente os pasos do Goberno central para converter en realidade as obras de mellora da N-120

O secretario xeral do PSdeG de Ponteareas, Delfín Domínguez, e os concelleiros Vanesa Fernández e Rubén Pérez mantiveron unha xuntanza coa directiva da plataforma da N120 para coñecer e compartir de primeira man as alegacións que se presentarán a través dos departamentos técnicos do Concello –tal é como se fixo co goberno municipal anterior–, para mellorar e corrixir algunhas cuestións menores.

Teatro, música e cinema centran a programación cultural de febreiro e marzo en Tui

Contraproduccións, Rilo e Penadique, Roi Borrallas, Gramola Gominola e Con de tres pés actuarán no Teatro Municipal de Tui nos meses de febreiro e marzo. As funcións terán lugar cada venres e inclúen tamén a proxección de “O corno” de Jaione Camborda. Esta nova programación, presentada polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, está formada por un total de seis espectáculo dirixidos tanto a público adulto coma familiar. As entradas están xa á venda a través de tui.gal e poderán adquirirse até 10 minutos antes do inicio da cada función.

O «Enterro da Lamprea» e as actividades infantís centran o Entroido de Salvaterra de Miño

O Concello de Salvaterra de Miño ten todo preparado para dar a benvida ó Entroido do 2024. Como xa ben sendo habitual as actividades para os máis pequenos e a diversión en familia son os eixos sobre os que xira esta festividade no concello que preside Marta Valcárcel.

Ponteareas inicia as obras de acondicionamento do parque infantil da Perillana

O Concello de Ponteareas vén de dar inicio ás obras de acondicionamento do parque infantil da Perillana. O obxectivo das actuacións é mellorar as condicións deste espazo destinado ao desfrute dos nenos e nenas da vila. Para iso, substituirase o chan e o peche perimetral e, ademais, procederase ao arranxo de distintos elementos de xogo.

Preto de 400 deportistas déronse cita en Ponteareas no Campionato Galego de Natación Máster de Inverno

Preto de 400 nadadores e nadadoras, pertencentes a 28 clubs de toda Galicia, déronse cita na piscina do complexo Deportivo Álvaro Pino no marco do en Campionato Galego de natación máster de inverno, cita organizada polo Club Natación Ponteareas e a federación galega de natación. Foron dúas xornadas de probas programadas en formato continuo.

Abel Losada inaugura a exposición «Cartografía da Raia» que estará aberta no edificio ‘Francisco Sánchez’ de Tui ata o 10 de febreiro

O subdelegado do Goberno, Abel Losada, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, inauguraron a exposición sobre a cartografía da fronteira portuguesa. A mostra é unha iniciativa do Centro Xeográfico do Exército de Terra e a Subdelegación de Defensa en Pontevedra, que dirixe o coronel Miguel Cortés.