Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

A Cañiza estrea na Franqueira a nova sinaléctica da ‘Via Mariana de Peregrinación Luso Galaica’ que une Braga con Muxía

A poucos días de celebrarse a Romaxe das Pascuillas na Franqueira, (luns 20 de maio, festivo local na Cañiza) o alcalde da Cañiza, Luis Piña acompañado do párroco Javier Alonso Docampo e a presidenta e o secretario da Asociación Via Mariana, María José Silva e Miguel Anxo Antón, respectivamente, achegouse ata a Franqueira para comprobar o emprazamento do cartel que anuncia a Etapa 7 da Vía Mariana que une Braga con Muxía. A nova sinalización, sufragada polo Concello cañicense, da continuidade á liña de colaboración entre o Concello e a Asociación da Vía Mariana.

Arbo reparte bolsas de tea e reciclables para impulsar o comercio local

Arbo continua traballando para por en valor o comercio local, nesta ocasióh a través dunha acción posta en marcha pola Deputación de Pontevedra ao amparo do Proxecto ‘Da túa Man’, unha campaña que busca promover a que a veciñanza arbense e dos concellos limítrofes compren no comercio de Arbo e fomente a sostenibilidade e a economía circular no municipio.

O CN Ponteareas ascende á Division de Honra ao ompoñerse na final da Liga Galega de Natación en primeira división

O CN Ponteareas fíxose coa vitoria, o campionato e o ascenso á Dvisión de Honra –xunto co CN Galaico de Pontevedra– logo de impoñerse nas probas da final da Liga Galega de Natacioón en 1ª división, disputadas o pasado sábado 11 de maio na piscina do Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas.

O PSOE da Guarda alerta, “a senda do Trega cada día máis lonxe de ser unha realidade”

O Grupo Municipal Socialista da Guarda vén de facer pública unha nota de prensa na que alerta sobre o feito que “a Senda do Trega esta cada dia máis lonxe de ser unha realidade” e lembra que o anterior goberno que presidia Antonio Lomba, tiña destinada unha partida para esta actuación. O PSOE fai fincapé que a traves do Plan de Turismo, “a través do que acadamos 1.000.000 € para diversas iniciativas en materia de turismo incluíase, entre outras, esta senda”.

Máis de 250 persoas descubriron a historia de Baiona no arranque de ‘Eureka Reto Rural’

Grandísimo éxito de acollida da primeira cita de ‘Eureka Reto Rural’, un programa de EuRural e do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño a través do que se realizarán 14 xogos de escapismo de balde ao aire libre nos concellos do territorio. Máis de 250 persoas participaron en Baiona nunha aventura temática coa que percorreron as rúas do posto e do centro histórico da vila para mergullarse na historia da arribada da Carabela A Pinta e desfrutar dunha mañá de emocións, diversión e moito entretemento.

A Escola Municipal de Música do Porriño presenta a súa Banda Infantil no Festival das Letras Galegas

O vindeiro mércores día 15, o alumnado da Escola Municipal de Música do Porriño festexará o Día das Letras Galegas con toda a veciñanza e visitantes a partir das 19 horas na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, ou no Círculo Recreativo Cultural en caso de chuvia.

Digna Rivas contesta ao PP lembrando que o Goberno amplía o prazo de exposición pública do PXOM “ata o máximo que nos permite a...

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, rexeitou as críticas do PP nas que o grupo da oposición demandaba a ampliación do prazo de alegacións do PXOM “porque non teñen ningún sentido”, asegurou. A rexedora lémbralle aos populares que “a Lei do Solo de Galicia establece un prazo de dous meses de información pública, e o goberno local de Redondela decidiu amplialo ata os tres meses, que é o máximo que permite a lei, e o señor Bas debería sabelo”.

Luisa Sánchez destaca o carácter solidario dos galegos e chama a bater un novo récord na ‘6h Vila do Corpus’ de Ponteareas

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, xunto á alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial, Nava Castro, presentaron onte venres a V edición da carreira '6h Vila do Corpus', a cita co deporte e a inclusión que se celebrará o próximo 13 de xullo.

Nigrán ofrece esta fin de semana senllos concertos no marco da celebración das Letras Galegas

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 11 no muíño de Porto do Molle a partir das 20:00 horas unha foliada coas pandereteiras do Sobreiro e a actuación ‘De ramo en ramo’, da intérprete Leni Pérez e o acordeonista Roberto Comesaña (este é o seu primeiro traballo discográfico conxunto, cun amplo repertorio tradicional que xira en torno á figura da muller). As miñoranas 'Pandereteiras do Sobreiro' xa actuaron con gran éxito na inauguración do muíño o día 20 de abril ao ter arranxado un tema facendo mención ex-profeso ao devandito muiño.

O Rosal prepara un verán de lecer para toda a infancia do municipio

O Rosal prepara unhas vacacións estivais cheas de lecer para nenos e nenas. O Concello abre ás 09.00 horas do vindeiro martes 14 de...

Comezan as viaxes do Tren Turístico de Redondela dende o centro da vila ata a praia de Cesantes

Un ano máis o Concello de Redondela pon en marcha as viaxes do tren turístico, un transporte que esperta moito interese tanto entre a veciñanza como nos turistas e peregrinos. O convoi fai o percorrido entre o centro da vila de Redondela ata a praia da Punta, en Cesantes, con viaxes de ida e volta. O punto de saída é na Fonte de Santiago, na rúa Ribeira todos os días, de martes a domingo. As viaxes comezarán mañá sábado.

Gondomar continúa co seu ciclo de teatro infantil e familiar e programa tres novos espectáculos durante o mes de maio

Esta segunda parte do ciclo de teatro infantil e familiar, no que xa se representaron catro obras durante o mes de abril cun gran éxito de público, arrincará o domingo 12 de maio ás 19:00 h da man da compañía Assircópatas co seu espectáculo 'Abracadaver'.