Xoves, 18 Setembro de 2025

Comarcas

Tui imparte obradoiros sobre o manexo de desfribiladores aos clubs deportivos

O Concello de Tui organiza obradoiros de manexo dos desfibriladores dirixidos aos clubs deportivos. Son impartidos polo médico tudense Rosendo Bugarín, que ensina aos participantes a empregar os desfibriladores e o soporte vital básico. O primeiro dos cursos tiña lugar o pasado sábado, 11 de xaneiro e no mesmo participaron seis monitores/adestradores do Tyde F.C. Esta actividade continuará nas próximas semanas.

A Deputación remata as obras de mellora da seguridadae viaria na EP 3101 en Tomiño

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da seguridade viaria na rotonda no punto quilométrico 3+780 da estrada provincial 3101 entre Tebra e Cristelos, no concello de Tomiño. A actuación foi adxudicada por preto de 110.000 euros PARA acometer unha reforma global e melloras na intersección da estrada, enmarcada no modelo de mobilidade segura do goberno provincial.

A Guarda convídache a coñecer o Camiño de Santiago plantando unha árbore autóctona

O fin de semana do 25 e 26 de xaneiro terá lugar a primeira das actividades do proxecto 'O Camiño Aguárdate', coa que o concello guardés participa no programa 'O Teu Xacobeo' da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos.

O «Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño» presenta o seu primeiro produto turístico en «Fitur»

O xeodestino turístico Ría de Vigo e Baixo Miño está a piques de celebrar a súa posta de longo. Os 14 alcaldes e alcaldesas dos concellos que abrangue este xeodestino –A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui– acudirán a vindeira semana a Madrid para arroupar ao proxecto durante a presentación oficial do seu primeiro produto na Feria Internacional de Turismo.

Nigrán inicia a humanización da Praza da Carrasca en Parada

O Concello de Nigrán iniciou esta mañá as obras de humanización da Praza da Carrasca –na parroquia de Parada– co obxectivo de mellorala estéticamente reordenando o tráfico neste núcleo e dotándoa dun pavimento de pedra máis acorde coa contorna, xa que actualmente é de asfalto a pesar de considerarse zona verde.

O Porriño abre un novo prazo para a solicitude de composteiros individuais

O concelleiro de Medio Ambiente do Concello do Porriño, Sergio Casal, vén de informar a todos os veciños e veciñas da apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes as persoas interesadas en recibir un composteiro individual para vivendas unifamiliares. As solicitudes rechéanse e se entregan no Rexistro Xeral do Concello.

O Museo do Viño de Salvaterra presenta a súa oferta de cursos e experiencias para o 2020

O Museo do Viño de Salvaterra de Miño xunto ao Concello e a Confraría presentou a "ampla e variada" oferta de accións formativas para este ano 2020, un proxecto cualificado polos organizadores como "ambicioso e pioneiro tanto por número de accións coma polo contido das mesmas".

Curso de «Elaboración artesanal de ungüentos naturais» na Guarda

A Guarda acollerá, os días 3 e 4 de febreiro, un curso de 'Elaboración artesanal de ungüentos naturais' que se desenvolverá entre as 16:30 horas e as 20:30 horas. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola.

Ponteareas fai chegar aos fogares o programa cultural do primeiro trimestre do 2020

A Concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, e a Concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, veñen de anunciar que xa está a disposición da cidadanía o novo programa cultural trimestral que ao longo destes días chegará a todos os fogares de Ponteareas, tanto do centro urbano como das parroquias.

A A.D. Avanza do Porriño, no medalleiro do Campionato de España de Ciclocross

A Asociación Deportiva Avanza estivo presente no medalleiro do Campionato de España de Ciclocross e o fixo a través da corredora ponteareá Uxía Soto que, no seu primeiro ano na categoría tivo que conformarse coa medalla de Prata cando, unha caida, privoulle do Ouro que tiña ao alcance da súa man.

O BNG de Redondela alerta sobre a grave situación dun sector extratéxico como é a pesca de baixura

O BNG de Redondela vén de chamar a atención sobre o problema que supón a limitación do 'stock' na pesca da xouba que forza á flota artesanal de Redondela a mercar cota no sur da zona IX, comprendida entre Fisterra a Cádiz para poder seguir faenando. O pasado mes de agosto, lembran os nacionalistas, pechábase a pesquería da sardiña para o xeito e o racú, "que representa o dous por cento do sector, por terse esgotado a cota asignada para a mesma na costa galega".

O CRA de Tomiño estrea unha biblioteca que optimiza ao máximo os seus espazos

Cunha media de 1.200 préstamos ao ano e un fondo bibliográfico de máis de 1.500 volumes, a biblioteca do Colexio Rural Agrupado (CRA) Mestre Manuel Garcés, de Tomiño, remodelada recentemente, comeza o 2020 coa previsión de ampliar o número de libros e “medrar con xeito escollendo minuciosamente os volumes que se engadan”, segundo comenta o director do centro, Antón Valenzuela.