Venres, 19 Setembro de 2025

Comarcas

O CEIP Mestre Ramiro Sabell súmase ao proxecto de terapia asistida con cans

A concellería de Ensino do Concello de Ponteareas que dirixe a tenente de acaldesa Cristina Fernández vén de dar un paso máis "na consecución dunha sociedade inclusiva" e amplía o servizo de terapia asistida con cans ao resto do alumnado "porque a inclusión e a igualdade é cousa de toda a sociedade" sinalou Fernández.

A “pasividade” da Xunta obriga á Guarda a redactar un anteproxecto para a circunvalación ao Santa Trega

O Concello da Guarda vén de anunciar o encargo da redacción dun anteproxecto de ancheamento da calzada da PO-552, –vía que circunvala o monte Santa Trega– e para dotala dunha senda peonil e un carril bici. O encargo do Concello guardés prodúcese, logo da "pasividade" da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, organismo ante o que a Alcaldía da Guarda fixo reiteradas xestións sen que houbera resposta.

O Concello de Nigrán inicia en Chandebrito o curso «Cultiva a mente»

O Concello de Nigrán, coa colaboración da Asociación de Veciños 'O Castro', iniciou esta semana en Chandebrito o programa de prevención do deterioro cognitivo 'Cultiva a mente' coa totalidade das 15 prazas cubertas (hai 4 en lista de agarda). O obxectivo do Concello é descentralizar este programa de envellecemento saudable achegándoo ás parroquias

Lección de vida no colexio de Goián

David Gil, presidente de '700 camisetas contra a leucemia' e membro da Asociación Frangil que ten como obxectivo o desenvolvemento de accións en pro da doazón de médula ósea e de sangue do cordón umbilical, visitou hoxe o CEIP Antonio Fernández de Goián para recoller o premio, creado polo alumnado, co que se recoñece o traballo de entidades, institucións ou persoas que loitan para construír un mundo mellor para todos.

Salvaterra organiza un curso sobre “Como aprender a elaborar os teus textos oficiais”

Esta semana comezou en Salvaterra de Miño o curso 'Aprende a elaborar os teus textos oficiais' organizado polo Concello e que se desenvolverá todos os xoves, de 10:30 h a 12 horas na Casa da Cultura ata o vindeiro 13 de febreiro.

Nigrán creará unha praza pública na Ramallosa no remate da ponte románica

O Concello de Nigrán creará unha praza pública de 371 m2 para a convivencia e a relaxación no espazo actual entre o remate da Ponte Románica da Ramallosa e a Avenida de Portugal (PO- 340), aos pés do Río Miñor. O obxectivo é rehabilitar esta contorna de gran valor patrimonial, natural e etnolóxica como unha zona señeira de pausa e descanso no Camiño.

O BNG de Redondela organiza un acto público informativo sobre a AP-9 en Chapela

Dentro da campaña informativa que desenvolve o BNG baixo o lema 'Facer valer Galiza' de cara a dar a coñecer os compromisos que para Galicia conseguíronse a través do acordo de investidura, os nacionalistas convocan un acto público en Chapela centrado na AP-9, para o vindeiro venres 24 de xaneiro ás 20 horas no multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.

O PP asegura o endebedamento do Concello pretende “maquillar” o desfase económico dos últimos exercicios

O PP de Ponteareas lamenta que o Goberno local "tire pola borda" todo o esforzo feito para sanear o concello e propoña "a solicitude de préstamos que deixarán ao concello nun endebedamento de máis de catro millóns de euros". Se ben os populares aseguran estar "de acordo en moitas cousas que se recollen no documento", adiantan que non votarán a favor "de voltar a endebedar o Concello".

Este mes comezan as actividades para o centenar de participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, deron a benvida este luns ao centenar de persoas que participan no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, concedido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Este programa suporá un investimento superior aos 287 mil euros financiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui.

O chef valenciano Juan Llorca visitará Tomiño no marco da «V Semana da Educación»

O chef valenciano Juan Llorca, con máis de 23 años de profesión e apaixonado pola nutrición e a alimentación infantil, será unha das catro figuras convidadas este ano para a xa tradicional Semana da Educación Concello de Tomiño, que chega á súa 5ª edición.

O alcalde de Ponteareas destaca “as partidas destinadas a saneamento” no Orzamento 2020

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, deu conta dos investimentos en obras de saneamento previstas no orzamento do presente ano 2020 que irá a Pleno nas vindeiras semanas. Entre as actuacións, Represas destacou as obras de ampliación da depuradora e a construción de novos colectores xerais no entorno do núcleo urbano.

Redondela amosará o seu potencial turístico en Fitur 2020

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, asistirán á 40 edición da Feira Internacional de Turismo, Fitur 2020, que se desenvolverá en Madrid entre o 22 e o 26 de xaneiro. Rivas e Boullosa participarán na presentación oficial do Xeodestino Ría de Vigo Baixo Miño que terá lugar no stand de Turismo de Galicia. Redondela forma parte deste proxecto creado en 2019.