Venres, 4 Xullo de 2025

Ponteareas

O Concello comeza a poda para acondicionar as árbores das zonas verdes e rúas de Ponteareas

O Concello de Ponteareas comezou esta semana as tarefas de poda para acondicionar as árbores das zonas verdes e rúas da vila. Os operarios e operarias municipais están a eliminar as ramas en mal estado.

Ponteareas saca a licitación a construción do muro de contención do punto limpo

O Concello de Ponteareas acaba de sacar a licitación a construción do muro de contención do punto limpo municipal en Alemparte (Areas).

Ponteareas despediu un mes de setembro cheo de cultura e lecer

Ponteareas despediu a pasada fin de semana as Festas de Setembro, unha programación que encheu as rúas da vila con máis de 30 propostas culturais e deportivas para todos os públicos. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, quere destacar “o éxito” dun mes “no que desfrutamos dunha ampla, variada e segura programación cultural e de lecer”.

Éxito de participación en Ponteareas da iniciativa conxunta de R e Cruz Vermella ‘Enredando tour R’

A aula móbil formativa de 'Enredando tour R', iniciativa conxunta do operador galego R e a Cruz Vermella, visitou Ponteareas para continuar o seu labor de 'inclusión dixital' das persoas maiores. O programa desenvolveuse nunha aula móbil instalada na Praza Maior ponteareá con contidos formativos vinculados ás novas tecnoloxías.

Ponteareas destina case 50.000 euros para manter e reactivar a actividade das casas culturais

Ponteareas non esquece as súas casas culturais. Nun concello con 24 parroquias estas entidades son vertebradoras da cultura e da actividade social moi importantes.

A ponteareá Iria Lemos, bronce na Copa de España de natación en augas abertas

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, quere trasladar os parabéns do goberno local a Iria Lemos, do Club Natación Ponteareas, que vén de completar unha intensa e brillante semana na que acadou importantes logros tanto para a natación ponteareá como para a española.

Ponteareas insta á Xunta a dar unha solución ao saneamento de Ribadetea

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, remitiu un escrito á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esixíndolle aclaracións e solucións diante do incumprimento dos seus compromisos e promesas en relación ao saneamento da parroquia de Ribadetea.

O Encontro de Corais de Xinzo celebra a súa segunda edición

O pasado domingo 26 de setembro, a Coral Cantares de Xinzo celebrou o seu II Encontro de Corais no auditorio do Centro Cultural. Xunto coa coral da parroquia, a outra protagonista da tarde foi a invitada Coral Polifónica “O son dous Cantares” de Tamegia (Mos).

A ludoteca de Ponteareas volve abrir as súas portas en outubro

A ludoteca municipal de Ponteareas está de volta. Volve abrir as súas portas para un mes de outubro cheo de xogos e diversión. As familias de Ponteareas que o desexen poden anotar aos nenos, de 6 a 12 anos.

Cruz Vermella e R chegan a Ponteareas e A Guarda con “Enredando tour R”

Despois da súa estadía en diversos puntos da comunidade autónoma, a aula móbil formativa de “Enredando tour R” achégase á provincia de Pontevedra para instalarse o luns 4 en Lalín e desprazarse o martes 5 e o mércores 6 a Ponteareas e á Guarda respectivamente.

Os ponteareáns Pablo Cabana, Iria Lemos e Sofía Carballo, deportistas promesas de Pontevedra

A natación continúa a deixar recoñecementos para o deporte de Ponteareas. Os nadadores do Club Natación Ponteareas Pablo Cabana, Iria Lemos e Sofía Carballo acaban de ser recoñecidos como deportistas promesas 2021 pola Deputación de Pontevedra.

Aprobado definitivamente o PXOM de Ponteareas que impulsará o seu desenvolvemento territorial, social e económico

Ponteareas conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal tras case dúas décadas de paralización urbanística.