Xoves, 8 Maio de 2025

Ponteareas

Ponteareas fará cumprir os horarios dos locais nocturnos para asegurar a convivencia

O concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, manterá esta semana unha reunión cos hostaleiros que son reiteradamente sancionados por incumprimento da normativa de horarios. Mera explicou que “se trata dun grupo moi reducido de locais de ocio nocturno, en concreto dez establecementos, que de maneira continua incumpren os horarios de actividade e terraza".

Ponteareas abre a inscrición para o tradicional ‘Concurso de Gaitas do País’

A Concellería de Culturado concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de dar conta da publicación das bases polas que se rexerá o Concurso de Gaitas do País de Ponteareas 2019 que, con esta, acada xa a súa quincuaxésimo segunda edición. É, sen dúbida de ningún tipo, o referente en Galicia no que á música tradicional atinxe xa que, os grupos que participen, deberán estar compostos, exclusivamente, por dúas gaitas, un bombo e un tamboríl.

Concentración de vehículos clásicos e históricos: cando o pasado vólvese presente

Organizada polo Club Clásicos e Históricos do Condado e da Paradanta, a terceira edición da concentración de vehículos clásicos e históricos do Condado e da Paradanta chega a Ponteareas este domingo 11 de agosto a partir das 9 horas na praza Bugallal donde se exhibirán máis de setenta coches anteriores ao ano 1989.

O C. N. Ponteareas segue amosar o seu enorme potencial na especialidade de Augas Abertas

Esta fin de semana, Pablo Cabana del Amo, e Andrea Domínguez, ámbolos dous deportista do C. N. Ponteareas, formaron parte do equipo de España de Natación en augas abertas en escenarios distintos. Pablo Cabana competía na República Checa no Europeo de Augas Abertas de Račice, mentres que Andrea Domínguez o facía na Copa de Asturias de Augas Abertas. O equipo ponteareán amosou, ben as claras, o seu potencial na especialidade de Augas Abertas.

Ponteareas crea unha comisión interdisciplinar para dar solución ao “problema complexo” do botellón

O goberno municipal de Ponteareas constituíu unha comisión de estudo e de traballo sobre o fenómeno do botellón. Dita comisión, presidida polo Alcalde, está formada polas concellerías con competencias na materia, Bo Goberno como área encargada de convivencia cidadá, Mocidade, Igualdade e Educación e Saúde.

«Versos de Area» ou o gusto pola poesía en Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, en colaboración coa asociación Versos de Area, está a adobiar as rúas do centro da vila con versos dos nosos poetas e poetisas dos que todos os veciños e veciñas poderán gozar mentres agardamos nos pasos de peóns.

Ponteareas acomete o mantemento de beirarrúas e mellora da accesibilidade

A Concellería de Vías e Obras do Concello de Ponteareas está a desenvolver diferentes traballos de mantemento de beirarrúas e de mellora da accesibilidade...

ACiP esixe o cumprimento do acordo plenario sobre a exención do imposto de Plusvalía

O Grupo Municipal de Alternativa Ciudadana de Ponteareas, ACiP, a través do seu portavoz, Juan Carlos González Carrera, pedirá no pleno deste martes 30...

«Ringo», «Onza» e «Pelusa», no salón da fama do Trofeo Agility Concello de Ponteareas

A concellería de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, participou na entrega de medallas do «I Trofeo Agility Concello de Ponteareas», no que...

Ponteareas limita o horario dun concerto no Paseo Matutino atendendo ás queixas veciñais

Logo de anunciar a posta en marcha dun Plan de Convivencia e Civismo en Ponteareas, o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, adoptou unha...

Entrega de diplomas do curso de Monitor de Fútbol Base en Ponteareas

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, entregou os diplomas do curso federativo de monitor de fútbol base. Acompañado do concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó,...

A Asociación de Alfombristas de Ponteareas realizará unha alfombra floral en Valladolid

A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas, foi convidada polo Concello de Valladolid para participar na festa da Virxe de San Lorenzo,...