9.6 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasConcentración de vehículos clásicos e históricos: cando o pasado vólvese presente

    Concentración de vehículos clásicos e históricos: cando o pasado vólvese presente

    Organizada polo Club Clásicos e Históricos do Condado e da Paradanta, a terceira edición da concentración de vehículos clásicos e históricos do Condado e da Paradanta chega a Ponteareas este domingo 11 de agosto a partir das 9 horas na praza Bugallal donde se exhibirán máis de setenta coches anteriores ao ano 1989.

    Fords Mustang, Jaguars E-type, Seats 600 e 1430 ou Citroëns 11 entre outros modelos e marcas pasearán polas dúas comarcas para o deleite de todos os condutores e do público en xeral que admirará a mecánica e a estética desta industria nos séculos XIX e XX.

    Ás 10:30 horas os motores dos coches clásicos e históricos acenderán para viaxar a Salvaterra, As Neves, Arbo, A Cañiza, Mondariz e Mondariz Balneario donde pararán para xantar e regresarán á praza Bugallal de Ponteareas ás 17:30 horas para exhibir as súas máquinas.

    A organización explica que amplía o prazo para que todos e todas as que o desexen poidan participar nesta concentración para a que tan só hai que inscribirse nos números de teléfono 649 436 328 ou 690 869 347.

    A concellería de Cultura, que dirixe Fernando Groba, convida a toda a veciñanza da comarca a admirar estas xoias do pasado na praza Bugallal e a arroupar a saída dende o centro de Ponteareas ás 10:30 horas do domingo.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.