Venres, 4 Xullo de 2025

Ponteareas

A Xunta inicia a mellora da estrada Ponteareas-Salvaterra

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá o inicio dos traballos de mellora do firme da PO-403 entre Ponteareas e Salvaterra do Miño nos que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a investir algo máis de 143.778 euros.

O BNG cree que “Nava Castro e González Carrera deben renunciar aos seus cargos”

O BNG de Ponteareas, a través da súa portavoz municipal, Cristina Fernández Davila, explicou que a orde de demolición do hipermercado Eroski por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia “é unha consecuencia máis do caos e as ilegalidades urbanísticas cometidas durante décadas pola dereita en Ponteareas”.

O PP achaca o problema do Eroski aos “atrasos do bipartito co PXOM”

El Grupo Municipal del PP de Ponteareas lamentou hoxe que "o bipartito descoñeza que dende o ano 2008 pesa unha orde de derrubo sobre centro Eroski situado en Ponteareas". Os populares lembran que a situación foi notificada que el bipartito desconozca que desde el año 2008 pesa una orden de derribo sobre el centro Eroski situado en Ponteareas.

O PSOE de Ponteareas alerta á xunta “da urxencia de aprobar o PXOM”

O PSOE de Ponteareas sinalou, a raíz da sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a demolición do Eroski, que "urxe a aprobación definitiva do PXOM pola Xunta de Galicia" xa que esta, sinalan os socialistas ponteareáns "pode ser a primeira das moitas sentencias que caerán sobre o Concello se non se aproba o documento canto antes".

O TSXG insta ao Concello a demoler o Eroski de Ponteareas

O TSXG (Tribunal Superior de Xustiza de Galicia) requiríu ao Concello de Ponteareas para demoler o hipermercado Eroski, ubicado na parroquia de Angoares, no prazo máximo dun ano. O tribunal esixe ao Goberno Local que inicie os trámites no prazo máximo dun mes e que manteña informado ao TSXG trimestralmente das actuacións que se realicen.

A veciñanza de Ponteareas demanda ocio alternativo sen alcohol

Ducias de veciños e veciñas afectadas polo botellón e os locais de ocio nocturno acudiron o pasado venres á reunión convocada pola Concellaría de Bo Goberno, que dirixe Roberto Mera, dentro do proceso participativo que busca avaliar o fenómeno e as súas consecuencias.

«O narcotráfico en Galicia» abre un novo ciclo de charlas no Centro Cultural de Xinzo

O Centro Cultural de Xinzo abre o sábado 5 de outubro ás 21 horas, unha nova tempada do ciclo «O saber non ocupa lugar» e o fai cun tema candente como é «O narcotráfico en Galicia e consecuencias do consumo de drogas», unha charla para a que se contará con tres nomes de enorme prestixio como Carmen Avendaño, Julio César Díaz e Víctor Pedreira.

Ponteareas inicia obras de mellora na Avenida Castelao

A concellería de Vías e Obras, que dirixe Chus Garrote, e a concellería de Mobilidade e Tráfico, que dirixe Roberto Mera, informan que a finais desta semana comezarán as obras de pavimentación e pintado da Avenida Castelao e rotonda do colexio Fermín Bouza Brey. O concello adiantou que realizará "unha labor de supervisión destas obras que executará a Xunta de Galicia para que xenere os menores inconvintes posibles"

Presentación de «Os anxos indecisos» de Manrique Fernández

O próximo sábado, día 5 de outubro, o xornalista, escritor e colaborador habitual de Comarcas na Rede, Manrique Fernández presentará na Sala Multiusos do Auditorio Municipal de Ponteareas o seu novo libro de relatos «Os anxos indecisos», nun acto que comezará ás 20:00 horas e no que o autor estará acompañado polo editor e director xeral de Galaxia, Francisco Castro, e pola tamén escritora Anna R. Figueiredo.

Ponteareas adxudica as obras de mellora da eficiencia enerxética do Conservatorio

As Concellerías de Ensino e Vías e Obras do Concello de Ponteareas que dirixen a tenente de alcalde Cristina Fernández e Chus Garrote, respectivamente, deron conta da adxudicación das obras de mellora da eficiencia enerxética do Conservatorio Municipal, que serán realizadas por unha empresa local, por 371.370,27€ (IVE incluído) a través dun concurso público aberto para garantir a igualdade de oportunidades.

A Ludoteca Municipal de Ponteareas comeza as súas actividades

A ludoteca municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o mates, 1 de outubro, comeza a actividade abrindo as súas portas de 16 h a 20 horas de luns a venres.

Ponteareas acollerá en outubro seis nova accións do «Smartpeme»

A Deputación de Pontevedra programou para este mes de outubro seis novas accións formativas do programa «Smartpeme» que comezan mañá en Ponteareas. Estas sesións están dirixidas á adaptación das empresas e proxectos emprendedores da provincia ao novo escenario dixital no que desenvolver as súas actividades e aproveitar as ferramentas existentes, co obxectivo de aumentar a súa competitividade.