Domingo, 11 Maio de 2025

Ponteareas

Arcos, primeira experiencia de compostaxe individual de Ponteareas

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, e o concelleiro do Medio Rural, Roberto Mera, xunto a varios técnicos, presentaron onte na parroquia de Arcos o programa de compostaxe individual que se acaba de implantar nesta parroquia ponteareán, no marco do programa Revitaliza impulsado e financiado pola Deputación.

O Goberno ponteareán presenta o maior Orzamento da historia de Ponteareas

O goberno BNG-PSOE do Concello de Ponteareas presentou publicamente o maior orzamento da historia da localidade. A intención do goberno de coalición é aprobalo neste mes de xaneiro. O presuposto pactado entre ambas as dúas forzas políticas ascende a 22,2 millóns de euros, fronte aos 16,9 millóns de euros de 2018, o que supón un incremento dun 34 %.

Bádminton de élite esta fin de semana no Pavillón Municipal de Ponteareas

Esta fin de semana o Complexo Deportivo Municipal 'Álvaro Pino' de Ponteareas acolle os partidos da Liga Estatal de Bádminton. A concelleira de Deportes do Concello de Ponteareas, Nahir Covelo, animou á veciñanza a visitantes "a achegarse ao pavillón para gozar do espectáculo" que supón o bádminton de alto nivel".

Ponteareas súmase á celebración do «Día das persoas usuarias das bibliotecas»

A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba, vén de sumarse á celebración do día das persoas usuarias das bibliotecas que terá lugar o vindeiro luns día 13 de xaneiro. A partir das 18:30 horas o centro bibliotecario acollerá distintos actos e actividades para recoñecer a fidelidade de usuarias e usuarios e dar a coñecer e poñer en valor os distintos servizos que ofrece.

Ponteareas reafírmase na súa loita contra a violencia machista

Facer que a mocidade se dea de conta do que está a acontecer na sociedade na que vivimos reivindicando a igualdade e a loita contra as violencias machistas foron os obxectivos da acción de 'Mulleres en acción. Violencia Zero' da Deputación de Pontevedra levada a cabo onte en Ponteareas.

O PP de Ponteareas asegura que o Concello rexeitou pedir á Deputación fondos para os campos de Angoares e San Mateo

O PP de Ponteareas denunciou que BNG e PSOE votaran en contra da moción popular na que instaban á Deputación de Pontevedra a dotar de céspede artificial o campo de Angoares e renovar o mantemento do de San Mateo.

Ponteareas inicia a humanización da rúa Fernández Vega

O Concello de Ponteareas comezou hoxe as obras de de humanización da rúa Fernández Vega, que afectan ao espazo comprendido entre o Auditorio Municipal e a Praza de Abastos, e que suporán unha remodelación total dun dos espazos que máis afluencia de persoas rexistran ao longo do día. Paralelamente, a Concellería de Mobilidade e Tráfico, que xestiona Roberto Mera, puxo en marcha a regulación de tráfico temporal derivada da execución destes traballos.

Nin Xunta de Galicia nin Monbús informaron ao Concello de Ponteareas sobre os cambios nas liñas de autobuses

O concelleiro de Mobilidade e Tráfico, Roberto Mera, lamentou a falta de información por parte da Xunta e de Monbús en relación cos cambios operados desde o 1 de xaneiro nas concesións do servizo de transporte de viaxeiros que afecta a Ponteareas. Mera lembrou que “o Concello de Ponteareas sigue xestionando a Estación de Autobuses mentres negocia un novo acordo coa Xunta e nin a administración autonómica nin a empresa con novas concesións, Monbús, nos comunicaron os cambios”.

Antonio García Teijeiro inaugura a nova tempada de «Venres D_letras» de Ponteareas

O próximo venres, día 10 de xaneiro ás 20:30 horas o ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, retoma a súa actividade no Salón de Plenos da Casa do Concello. Para inaugurar esta nova temporada contará coa presenza do poeta e narrador Antonio García Teijeiro, un dos máximos representantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega dos últimos anos, categoría na que recentemente foi recoñecido co Premio Nacional.

A San Silvestre Solidaria de Ponteareas leva máis de dúas toneladas de axuda para as persoas máis necesitadas

'Cada ano, máis solidariedade'. Esta sería unha boa frase coa que definir a San Silvestre Solidaria de Ponteareas que, un ano máis, bateu un novo rédord de recadación de alimentos destinados ao Centro de Reparto Local e ás familias que máis o precisan.

Caramelos sen glute, sen lactosa e para persoas diabéticas na cabalgata de Ponteareas

A cabalgata dos Reis Magos de Ponteareas agasallará ilusión e caramelos aptos para toda a cidadanía e por vez primeira disporá de caramelos aptos para diabéticos traballando de xeito conxunto coa Asociación de Diabéticos de Ponteareas. A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, explica que todos os caramelos que repartirán os Magos de Oriente serán sen glute e mesmo algúns sen glute e sen lactosa.

Ponteareas amplía nunha hora o peche da hostalería en Fin de Ano

A Xunta de Galicia vén de autorizar a ampliación dos horarios de peche da hostalería ponteareá na noite de Fin de Ano logo da petición realizada polo Concello atendendo a diferentes peticións de profesionais do sector.