Martes, 13 Maio de 2025

Ponteareas

A «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» abre as súas portas ao público en xeral por primeira vez

Mañá martes arranca en Ponteareas, nas instalacións do 'Complexo Deportivo Álvaro Pino', a 'III Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas', un evento que este ano e por primeira vez, tal e como adelantaba a tenenta de alcalde e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, "poderá ser visitada polo público en xeral de 16 h a 18:30 h de mañá martes, totalmente de balde.

ACiP pide a devolución da plusvalía cobrada “irregularmente” polo Concello de Ponteareas

O portavoz de Alternativa Ciudadana de Ponteareas (ACiP), Juan Carlos González Carrera vén de pedir que se lle devolva á veciñanza a plusvalía que, ao sen entender, o Goberno local cobrou "irregularmente". Para González Carrera, o "abandono" do executivo local por non publicar a correspondente ordenanza municipal no seu momento "non pode ter a consecuencia de que a veciñanza pague polo que non teñen que pagar".

Ponteareas incrementa nun 50 % a partida de Deportes nos Orzamentos 2020

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, adiantou que, no Orzamento 2020, as axudas ao deporte incrementaránse nun 50% o que se concreta nunha nova partida de 25.000 € para subvencionar todo tipo de eventos deportivos que se celebran ao longo do ano en Ponteareas. Ao mesmo tempo mantense a partida de 50.000 € de apoio aos clubs deportivos

Concello de Ponteareas e grupos musicais consensúan a primeira ordenanza de locais de ensaio

Ponteareas contará, en breve, cunha ordenanza municipal que regule o uso do local de ensaio que o Concello ten no Parque da Feira Vella. Con ese motivo, o concelleiro de Mocidade, Miguel Bouzó, mantivo un encontro con representantes dos grupos de música usuarios do local de cara a consensuar esa primeira ordenanza municipal para o uso e goce deste espazo para a mocidade que o concello ofrece totalmente de balde.

Ponteareas acolle, dende mañá, a «VI Feira de Oportunidades»

A Praza Maior de Ponteareas acolle, esta fin de semana, a sexta edición da 'Feira de Oportunidades' organizada pola Concellería de Comercio do Concello ponteareán en colaboración con BANASTRA Centro Comercial Aberto.

O PP denuncia a falta de mantemento do Auditorio Municipal

Os problemas estructurais que, segundo o Concello de Ponteareas, sofre o Auditorio Reveriano Soutullo foron hoxe achacados, por parte do Partido Popular a falta "dun servizo de mantemento" dunha instalación que foi reformada hai nove anos "e que se utiliza diariamente".

A «Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas» de Ponteareas ultima os seus preparativos

A tenente de alcaldesa e concelleira de Ensino, Cristina Fernández, presentou unha nova edición da Feira das Ensinanzas Profesionais e Artísticas que, no curto espazo de dous anos –tres con este– consolídase como unha cita imprescindible para o alumnado, non só de Ponteareas, senón de toda a comarca. Esta nova edición da Feira das Ensinanzas abrirá as súas portas o vindeiro martes, 4 de febreiro ás 10:30 horas, no pavillón do Complexo Deportivo 'Álvaro Pino'.

A Concellería de Cultura reparte lotes de libros ás casas de cultura das parroquias de Ponteareas

A concellería de Cultura, que dirixe Fernado Groba, procedeu ao sorteo dun total de 24 lotes de libros entre as casas culturais de tódalas parroquias ponteareás. A Biblioteca Pública Municipal fai posible así que estes libros viaxen a cada recuncho do concello brinda a oportunidade a toda a veciñanza de gozar dun fondo de libros cos que ocupar o seu tempo de lecer e acceder á cultura e á lectura.

O Concello de Ponteareas avanza cos trámites esixidos polo TSXG para a demolición do Eroski

O Goberno de Ponteareas aclarou que o recurso rexeitado polo TSXG nos últimos días en relación coa orde de demolicion do hipermercado Eroski "conleva que o Concello continue cos trámites para levar a cabo dita orde". O executivo que preside Xosé Represas lembrou que, no mes de outubro,o TSXG esixíu ao Concello "que iniciara os trámites dirixidos a garantir a demolición do Eroski no prazo dun ano", interpoñendo o goberno local un recurso pero iniciando, ao mesmo tempo, os trámites "xa que dito recurso non suspendía a obriga de tramitar a demolición".

A «Asociación do Patrimonio Cultural Val do Tea» preséntase oficialmente este domingo no Auditorio de Ponteareas

O Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas será escenario, o vindeiro domingo 2 de febreito ás 18 horas, do que poderíamos cualificar sen temor a...

O Goberno central promove a extinción do aproveitamento de aguas do salto do Sela no Miño

O Grupo Ecoloxista ADENCO vén de amosar a súa satisfacción logo da publicación no Boletín Oficial da Provincia, da intención do Ministerio para a Transición Ecolóxica do Goberno central "de extinguir o aproveitamento de augas do Salto de Sela, no Miño, dereito propiedade de Unión Fenosa".

Últimas prazas para o obradoiro de escritura creativa de Ponteareas

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, que dirixe Fernando Groba, vén de poñer en coñecemento de todas as interesadas e interesados que aínda quedan prazas valeiras para participar no 'Obradoiro de escritura creativa' que se desenvolverá os martes de 18 h a 20 horas, na Biblioteca Pública Municipal.