Domingo, 4 Maio de 2025

O Condado

Antonio García Teijeiro inaugura a nova tempada de «Venres D_letras» de Ponteareas

O próximo venres, día 10 de xaneiro ás 20:30 horas o ciclo literario 'Venres D_letras', organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas, retoma a súa actividade no Salón de Plenos da Casa do Concello. Para inaugurar esta nova temporada contará coa presenza do poeta e narrador Antonio García Teijeiro, un dos máximos representantes da Literatura Infantil e Xuvenil galega dos últimos anos, categoría na que recentemente foi recoñecido co Premio Nacional.

A San Silvestre Solidaria de Ponteareas leva máis de dúas toneladas de axuda para as persoas máis necesitadas

'Cada ano, máis solidariedade'. Esta sería unha boa frase coa que definir a San Silvestre Solidaria de Ponteareas que, un ano máis, bateu un novo rédord de recadación de alimentos destinados ao Centro de Reparto Local e ás familias que máis o precisan.

Caramelos sen glute, sen lactosa e para persoas diabéticas na cabalgata de Ponteareas

A cabalgata dos Reis Magos de Ponteareas agasallará ilusión e caramelos aptos para toda a cidadanía e por vez primeira disporá de caramelos aptos para diabéticos traballando de xeito conxunto coa Asociación de Diabéticos de Ponteareas. A concellería de Eventos, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, explica que todos os caramelos que repartirán os Magos de Oriente serán sen glute e mesmo algúns sen glute e sen lactosa.

Ponteareas amplía nunha hora o peche da hostalería en Fin de Ano

A Xunta de Galicia vén de autorizar a ampliación dos horarios de peche da hostalería ponteareá na noite de Fin de Ano logo da petición realizada polo Concello atendendo a diferentes peticións de profesionais do sector.

Balneario de Mondariz recoñece o labor do seu primeiro equipo de 1994

Balneario de Mondariz recoñeceu a profesionalidade e labor dos traballadores en activo do seu primeiro equipo, ao cumprirse 25 anos da recuperación do proxecto termal como hoxe coñécese. Nun emotivo acto tras a cea de Nadal, co slogan 'Os cinco dos 25', a dirección premiou a Sonia Álvarez, Vanesa Rodríguez, Ángeles González, Belén Pérez e Cipriano Núñez cunhas vacacións en Costa Verde

A Ludoteca de Ponteareas, motivo dun novo enfrontamento entre o PP e o Goberno local

As declaracións formuladas polo PP nas que aseguraba o Goberno local –co apoio por certo de todos os grupos agás o PP– aprobaba un regulamento no que excluía "aos nenos e nenas de 2 a 5 anos", vén de marcar un novo enfrontamento entre os populares e o Goberno ponteareán que, indignado, lémbralle á concelleira Balén Villar que "nunca se admitiu a nenos e nenas de esas idades, tampouco na época de Goberno do PP".

Ribadetea prepárase para vivir un Rancho de Reis, o primeiro dende hai máis de medio século

O domingo 29 de decembro, a parroquia ponteareá de Ribadetea vivirá un Rancho de Reis, o primeiro dende hai máis de medio século e que chega da man do Rancho de Reis de Fozara nunha iniciativa da Asociación de Veciños de Ribadetea que busca, entre outras cousas, poñer en valor unha tradición centenaria.

O «Pavillón Álvaro Pino» de Ponteareas acolle o sábado o III Torneo Solidario de Bádminton

O Club Bádminton Ponteareas en colaboración co Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra organiza, este sábado 28 de Decembro dende as 16:30 horas, o III Torneo Solidario de Bádminton no Pavillón Alvaro Pino de Ponteareas.

Ponteareas xa conta cun novo vehículo para traballos medio ambientais

A concellería de Medio Ambiente, que dirixe Rosa Covelo, informa que xa está a disposición do persoal do seu departamento o novo vehículo adquirido con fondos propios e coa subvención outorgada polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia.

Os bombeiros de Ponteareas desenvolven 60 intervencións polo temporal nunha semana

O forte temporal que nestes días afecta a Galicia non só se deixa sentir na costa senón que tamén o fai no interior. Os bombeiros de Ponteareas, no corto espazo dunha semana, levan realizadas máis de 60 actuacións para solventar incidencias provodadas pola meteoroloxía adversa.

A Concellería de Alumeado de Ponteareas consegue máis de 3 millóns dos fondos europeos FEDER

A concellería de Vías, Obras e Alumeado do Concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote deu conta da consecución de máis de tres millóns de euros do Instituto para Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) –dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica– para a renovación total das instalacións de alumeado exterior en todo o concello.

Ponteareas convértese, o domingo, na ‘capital’ das Danzas de Reis

A concellería de Cultura que dirixe Fernando Groba vén de convidar á veciñanza e visitantes a participar no II Festival Internacional de Danzas de Reis que terá lugar este domingo día 22 de decembro a partir das cinco da tarde, hora na que os ranchos percorrerán as rúas do centro urbano de Ponteareas. Un espectáculo, sinala Groba, "que difunde unha das nosas tradicións máis xenuinas e que Ponteareas foi quen de conservar".