O forte temporal que nestes días afecta a Galicia non só se deixa sentir na costa senón que tamén o fai no interior. Os bombeiros de Ponteareas, no corto espazo dunha semana, levan realizadas máis de 60 actuacións para solventar incidencias provodadas pola meteoroloxía adversa.
As actuacións, como sinalan fontes do parque de bombeiros ponteareán, van dende despexar estradas cortadas pola caída de árbores ata inundacións ou accidentes de tráfico provocados polo mal tempo.

Doutra banda, onte día 22 de decembro, e no corto espazo de dúas horas, os bombeiros ponteareáns tiveron que sufocar dous incendios en Ponteareas. O primeiro deles acontecía cara as 13:40 horas nunha vivenda da Avenida Fermín Bouza Brey, onde incendiábase a campá extractora dunha vivenda do segundo piso. A rápida intervencións dos efectivos de emerxencias de Ponteareas impediu que o lume se estendera ao resto da vivenda.
Preto de dúas horas despois, ás 15:35, a dotación de bombeiros voltaba a realizar unha nova saída, desta volta ao barrio do Areal, en Canedo. Onde ardía o baixo dunha vivenda unifamiliar na que se gardaban distintos enseres. Nese caso a rapidez de actuación foi determinante xa que a cada era de madeira e a intervención dos bombeiros impediu que o lume se estendera tanto ao resto da vivenda coma ás dúas vivendas colidantes.