12.4 C
Pontevedra
Venres, 24 de Marzo de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Concellería de Alumeado de Ponteareas consegue máis de 3 millóns dos...

    A Concellería de Alumeado de Ponteareas consegue máis de 3 millóns dos fondos europeos FEDER

    O departamento que dirixe Chus Garrote consigue o respaldo da Unión Europea para a renovación total das instalacións do alumeado exterior

    A concellería de Vías, Obras e Alumeado do Concello de Ponteareas, que dirixe Chus Garrote deu conta da consecución de máis de tres millóns de euros do Instituto para Diversificación e o Aforro Enerxético (IDAE) –dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica– para a renovación total das instalacións de alumeado exterior en todo o concello.

    Chus Garrote explicou que novamente Ponteareas vén de conseguir o apoio e a confianza do Ministerio e de Europa que subvencionarán a través dos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) o cambio total de todo o alumeado tanto no casco urbano como no rural.

    O IDAE aceptou as catro propostas presentadas pola Concellería de Vías, Obras e Alumeado que suman 4.160.795 € e concede a Ponteareas 3.332.635,8 euros. Chus Garrote en nome de todo o goberno do BNG-PSOE amosou a súa satisfacción por este importate apoio conseguindo nesta lexislatura que ven de comezar un respaldo económico de grande envergadura, “na primeira lexislatura conseguimos os fondos da EDUSI para comezar a construir o futuro de cambio de Ponteareas, nesta teremos o apoio para executar o cambio no alumeado exterior na totalidade do concello o que supón a mellora da seguridade vial ao aumentar a visibilidade, un aforro enerxético importante e contribuiremos na redución de CO2 camiñando sempre baixo a estratexia ‘Ponteareas, hábitat saudable’ tamén financiada con fondos FEDER”.

    Ponteareas pasará a unha economía baixa en carbono co cambio do alumedo que se executará en catro fases para as que o IDAE aportará 2.703.355 euros para afrontar o cambio no rural e 629.280,80 euros para o centro urbano.

    No casco urbano actuará en 1.301 puntos de luz substituíndo as actuais luminarias provistas con lámpadas de baixo consumo, haloxenuro, mercurio e sodio por luminarias LED máis eficientes, e actualizando 28 cadros de mando para adaptalos á normativa vixente. Con esta actuación diminuirase a potencia de 170,35 kW a 67,31 kW e conseguirase un aforro enerxético do 83,10 %.

    No rural actuarase en 6.259 puntos de luz, en 127 cadros de mando e conseguirase un aforro enerxético dun 83 %, dando cumprimento aos compromisos adquiridos coa veciñanza.

    Pola súa banda o cConcello de Ponteareas terá que aportar preto dun millón de euros para completar o financiamento destes proxectos.

    Chus Garrote engade que nos vindeiros meses comezarán a redacción dos proxectos e traballarán de xeito transversal con todas as concellerías para executar obras planificadas capaces de dar un servizo óptimo no futuro e que teñan sempre en conta as suxestións e necesidades trasladadas pola veciñanza a través de reunións, achegas ou procesos participativos. 

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS