Ponteareas, xunto con Vilanova, Meis, Marín e Bueu, repartiránse preto de 904.100 € do Plan Concellos que mañá venres aprobará a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra e cos que poderán financiar obras de rehabilitación, mantemento, axardinamento, eficiencia enerxética ou a reforma dun centro municipal, amais de obras relacionadas con abastecemento e saneamento.
O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega este sábado a Oia, Mos e Salvaterra de Miño.
Esta fin de semana de Ponteareas está chea de eventos. Durante o sábado e o domingo coinciden no municipio o Festival Internacional de Teatro de Rúa (só sábado), a Feira de Oportunidades, dúas actuacións musicais nas parroquias, e un espectáculo de maxia.
Ponteareas ten moito que ensinar. O Concello quere poñer en valor os espazos de grande riqueza patrimonial do municipio organizando durante este mes dúas visitas turísticas, unha aos monumentos funerarios do cemiterio municipal, e outra ao Castro de Troña.
Case unha vintena de negocios ocuparán as rúas de Ponteareas esta fin de semana para mostrar os seus mellores produtos na IX edición da Feira de Oportunidades de Ponteareas.
Ponteareas acolleu hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Os Muíños de Oliveira. Foi a primeira das 12 que recorrerán as distintas parroquias do municipio durante este mes de agosto.
A pesares da situación sanitaria que restrinxe de forma considerable a celebración de actos e celebracións, o Concello de Salvaterra de Miño non quere deixar pasar a ocasión para celebrar a Festa do Viño do Condado do Tea, a súa festa por excelencia, declarada de Interese turístico de Galicia e que, neste ano, estará totalmente adaptada a normativa COVID.
A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e a presidenta da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, Maite Isla, asinaron hoxe un convenio de colaboración co que a administración local se compromete a destinar 6.000 euros ao programa 'Axuda alimentaria para a poboación refuxiada Saharauí en Tindouf (Alxeria)', co cal se pretende dar solución á falta de alimentos básicos nos campos de refuxiados desa zona alxerina.
Mañá Ponteareas volverá a subir o pano da cuarta edición do “Festival Internacional de Teatro de Rúa”. Unha das actividades máis destacadas dos últimos veráns do concello, e que este ano conta con 14 actuacións que se prolongarán ata o sábado. O concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, destacou o “grande valor artístico” deste festival que “trae a Ponteareas a grupos moi recoñecidos no ámbito teatral, entre eles un catalán, un cubano, e outro arxentino”.
Ponteareas, un ano máis, converterase na na capital galega da música de cámara entre o 14 e o 20 de agosto coa IX edición do Festival Groba –en homenaxe do mestre Rogelio Groba–, que onte se presentou na Casa do Concello ponteareá. Durante estes días, preto dunha decena de intérpretes de todo o mundo compartirán a súa arte en distintos espazos do municipio, tanto ao aire libre como no auditorio municipal.
O Parque das Pombas de Ponteareas recupera a súa cafetería. O Concello acaba de adxudicar a explotación do servizo, e o local abrirá as súas portas proximamente tras unhas obras de mellora das instalacións.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.