Martes, 13 Maio de 2025

Mos

O Pleno de Mos aproba por unanimidade a rebaixa ao mínimo do tipo impositivo do IBI

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Mos aprobou en sesión ordinaria do mes de abril, por unanimidade dos seus membros, a Modificación da Ordenanza Fiscal do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para rebaixar o tipo impositivo ao mínimo, pasando do 0,54 actual ao 0,4.

Medallas de ouro e prata para dous nadadores do Club Natación Mos e bronce por equipos no Galego de Fondo Máster

O Club Natación Mos, a pesar de acudir con só tres nadadores, alzouse co terceiro posto no Campionato Galego de Fondo Máster XII memorial Gerardo Steudel.

Conde destaca a confianza de Benteler para desenvolver o seu modelo piloto de Fábrica 4.0 en Mos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, destacou a confianza de Benteler en Galicia ao investir 9 millóns de euros nas súas plantas de Vigo e Mos para desenvolver o seu modelo piloto de fábrica intelixente (Fábrica 4.0), o que contribúe ao liderado da industria galega da automoción.

Mos entrega medidores de CO2 aos seus 75 hostaleiros

O Concello de Mos fixo entrega dos aparatos medidores de CO2 a todos os negocios de hostalería existentes no municipio, un total de 75. Tanto restaurantes como bares, cafeterías e taperías están a recibir de balde o seu aparello grazas á colaboración, ao 50%, entre a administración local e a empresa mosense Rodavigo.

Mos presenta percorrido, programación e maillot conmemorativo da etapa mosense de La Vuelta 21

Mos acolleu onte a presentación da ETAPA 20: MOS-CASTRO DE HERVILLE, CELA, de La Vuelta Ciclista a España 2021. O acto tivo como esceario a Cidade Deportiva Afouteza do RC Celta e foi retransmitido en directo desde a páxina oficial de Facebook do Concello de Mos.

Curso de lingua de signos para a mocidade

O xoves será o último día para incribirse no Curso de lingua de signos Nivel A1 de 60 horas que organiza o Concello de Mos dirixido á mocidade maior de 16 anos.

Mos, concello pioneiro en entregar medidores de C02 á hostalería

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, anunciou que o Concello ven de facerlle un pedido á empresa mosense Rodavigo de aparatos medidores de CO2 para todos os negocios de restauración do municipio, e axudalos así a que se axusten ao Plan de Hostalería Segura de Galicia que esixe garantir a calidade do aire no local.

A Xunta licita a mellora da contorna da Igrexa de Torroso en Mos

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda licita por un importe de 390.000 euros as obras de mellora da contorna da Igrexa de Torroso, no municipio de Mos.

A Xunta pon en valor o papel da planta de ultraconxelado de produtos do mar situada en Mos durante a alerta sanitaria

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou a importancia de contar con instalacións innovadoras adaptadas á realidade dos profesionais do mar para facilitar a súa actividade e facela máis competitiva.

Mos acolle o sábado o Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021

Onte tivo lugar no Concello de Mos a presentación do Campionato Galego de Solo Danza, Parellas de Danza e Parellas de Artístico 2021 organizado polo Club de Patinaxe Artístico Rosaleira de Mos (coa colaboración do Club Patín Vagalume Celtamotor) que se celebrará o vindeiro sábado, 17 de abril, ao longo de todo o día no Pavillón Óscar Pereiro.

Mos abre mañá un servizo ao cidadán de axuda para a tramitación de solicitudes de subvención para o aluguer

Desde o venres 16 e ata o xoves 29 de abril, técnicos municipais estarán a disposición dos veciños e veciñas interesados en solicitar estas axudas de aluguer; será na Axencia de Colocación (antigo CDL) na estrada de Puxeiros a Peinador, en horario de 9:00 h a 14:00 horas.

O Pazo de Mos acolle a presentación do libro ‘Na procura do medo esquecido’

O Pazo de Mos acolleu na tarde de onte a presentación do libro Na procura do medo esquecido, Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia, á que asistiron Juáncho, autor da obra –de ascendencia mosense–; Diego Giráldez, escritor da Editorial Galaxia; Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia; Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos e Sara Cebreiro, concelleira de Cultura.