O martes, 3 de marzo, comezará a súa actividade en Tui o Club de Lectura Feminista 'Tempo de Mulleres', unha iniciativa da Concellería de Igualdade do Concello de Tui en colaboración coa Biblioteca Municipal. Reunirase cada primeiro martes de mes, de 19 h a 20:30 h, até o mes de xuño.
As oficinas provisionais de atención ao público do Organismo de Recadación Local (ORAL) da Deputación en Tui abren este luns gracias á colaboración do Concello, que cedeu un local no Edificio Área Panorámica, na rúa Colón. As oficinas veñen dar unha solución provisional de urxencia tralo obrigado peche, a causa das moitas deficiencias das instalacións actuais.
Nunha aposta pola reciclaxe e a recollida selectiva o Concello de Tui, a través da concellería de Medio Ambiente, vén de ampliar a recollida de aceite de cociña usado tanto no centro urbano coma parroquias tudenses cun total de 27 colectores a dispor da poboación.
A psicóloga xurídica, sexóloga e criminóloga especializada en igualdade de xénero Mónica Novas Dios impartirá este venres, 21 de febreiro, ás 19.30 h na Sala Xacobeo do Edificio Francisco Sánchez – Área Panorámica unha charla titulada 'Como evitar as relacións tóxicas'. Este evento está organizado pola Concellería de Igualdade que dirixe a concelleira Ana Maria Núñez.
Hoxe abre o prazo de inscrición para 'Coidand@-me' o programa psicoeducativo para coidadores familiares de persoas dependentes que se vai impartir en Tui grazas á colaboración entre o Concello de Tui, a través da Concellería de Servizos Sociais, e AFAGA.
Un espectáculo musico-teatral é o que chega este sábado ao Teatro Municipal de Tui da man de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos. O público poderá gozar dende ás 18:30 h con 'A nena e o grilo máis aló', a última entrega de 'A nena e o grilo' o musical infantil galego que presenta novas aventuras dos seus protagonistas.
O anexo da Sala Municipal de Exposicións, na Área Panorámica acolle até o sábado, 29 de febreiro, a mostra 'As raigañas do Entroido' do fotógrafo Fernando Seadur. Mañá mércores, 12 de febreiro, ás 10:30 h haberá unha visita guiada á mostra a cargo do propio autor, xunto á concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente.
Hoxe ás 21 h a Câmara Municipal de Valença celebrou un pleno histórico con motivo do oitavo aniversario da constitución da Eurocidade entre os dous municipios, no que participaron a Corporación Municipal de Tui e a Assembleia Municipal de Valença.
Esta mañá tivo lugar no Teatro Municipal de Tui a derradeira proxección deste curso do programa 'O Cine nas aulas' desenvolvido dende o departamento de Prevención do Concello de Tui. Un total de 232 alumnas e alumnos de 2º de ESO e 14 profesoras e profesores dos IES Indalecio Pérez Tizón e San Paio, do Seminario Menor San Paio e do Colexio Marista Sta. María, acudiron á proxección.
'Tui é un amor. Namórate de Tui' é o lema da campaña que hoxe mesmo se pon en marcha en Tui co gallo do Día dos Namorados. Trátase dunha iniciativa conxunta das concellerías de Comercio e de Turismo do Concello de Tui que conta coa colaboración do comercio local. O obxectivo é fomentar as compras no comercio local con motivo da celebración do Día dos Namorados. A campaña foi presentada este mediodía na casa do concello polo alcalde, Enrique Cabaleiro, xunto á concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, e o concelleiro de Turismo, Laureano Alonso.
A película 'O Que Arde' dirixida por Oliver Laxe e producida por Miraquemira abrirá a programación cultural do primeiro semestre de 2020 no Teatro Municipal de Tui. O filme, que acadou esta fin de semana os Goyas de Mellor Actriz Revelación, para Benedicta Sánchez, e Mellor Dirección de Fotografía para Mauro Herce, proxectarase o venres 7 de febreiro, ás 21:30 h.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, deron a benvida este luns ao centenar de persoas que participan no Programa Integrado de Emprego do Concello de Tui, concedido pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia. Este programa suporá un investimento superior aos 287 mil euros financiado pola Xunta de Galicia e o Concello de Tui.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.