Luns, 30 Xuño de 2025

Tui

As rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial de Tui pasan a ser de sentido único o 1 de febreiro

A partir do 1 de febreiro o Concello de Tui procederá a realizar un cambio no sentido de circulación das rúas na zona de San Bartolomeu. Deste xeito as rúas Palláns, San Bartolomeu e Arraial pasarán a ter sentido único. O obxectivo é axilizar o tráfico e mellorar a seguridade vial na zona.

Esta fin, «V Mostra da Camelia Cidade de Tui»

Mañá sábado, 18 de xaneiro, ás 12.30 h terá lugar no Teatro Municipal de Tui o acto inaugural da V Mostra da Camelia Cidade de Tui. Este evento está organizado por ATUCA, Amigos Tudenses da Camelia, co patrocinio do Concello de Tui, a Deputación de Pontevedra, o Xacobeo 2021 e a Xunta de Galicia, e a colaboración da Sociedade Española da Camelia.

Tui imparte obradoiros sobre o manexo de desfribiladores aos clubs deportivos

O Concello de Tui organiza obradoiros de manexo dos desfibriladores dirixidos aos clubs deportivos. Son impartidos polo médico tudense Rosendo Bugarín, que ensina aos participantes a empregar os desfibriladores e o soporte vital básico. O primeiro dos cursos tiña lugar o pasado sábado, 11 de xaneiro e no mesmo participaron seis monitores/adestradores do Tyde F.C. Esta actividade continuará nas próximas semanas.

A Eurocidade Tui-Valença celebra a única Cabalgata de Reis internacional e transfronteiriza

A maxia e a ilusión encherán este domingo, 5 de xaneiro, a Eurocidade Tui-Valença, cunha nova edición da Cabalgata Internacional de Reis. Trátase dun evento único con carácter transfronterizo que dende hai dez anos percorre os dous municipios. Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán en tren á estación de Valença ás 16 hora galega.

«Contos do chupete», o xoves 2 de xaneiro na Biblioteca de Tui

A Biblioteca Pública Municipal de Tui completa a súa oferta de actividades de Nadal este xoves, 2 de xaneiro, ás 17 h, cunha sesión de contacontos dirixida a bebés e nenos e nenas con idades entre 0 e 3 anos. Correrá a cargo de Migallas Teatro co titulo de 'Os contos do chupete'.

O Teatro Municipal de Tui acolle o 27 de decembro o Concerto de Fin de ano

Catro agrupacións tudenses serán as encargadas do Concerto de Fin de Ano que o próximo venres, 27 de decembro, ás 21 h se vai celebrar no Teatro Municipal de Tui. A música chegará da man da Banda de Música Popular de Tui e das corais do Centro Sociocomunitario, Ponte das Febres e San Telmo que ofrecerán un repertorio no que primarán as panxoliñas e as composicións da familia Strauss.

Obradoiros, cine, maxia e visita do Apalpador, propostas infantís na programación de Nadal en Tui

Dende o luns, coincidindo co inicio das vacacións escolares, cada mañá na Sala Xacobeo da Área Panorámica haberá obradoiros infantís a cargo de En Un Tris Tras –con capacidade máxima para 70 nenos e nenas– e polas tardes proxectarase unha película de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez –con capacidade máxima para 100 nenos e nenas–.

Tui edita un calendario do 2020 con portas da Eurocidade pintadas por Rosa María Vila

'2020. Abrindo portas…' é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.

Constituída a «Mesa Local do Camiño de Santiago» de Tui

A pasada semana constituíuse no Concello de Tui a Mesa do Camiño de Santiago, un órgano que ten por obxectivo a cooperación entre os axentes públicos e privados implicados na xestión do Camiño de Santiago no municipio. Para a constitución da Mesa celebrouse unha reunión á que asistiron máis de 40 representantes de distintos ámbitos vinculados ao Camiño.

Ata o venres está aberta a presentación de ofertas para a explotación da cafetería do Centro Interfederado de Tui

O Concello de Tui sacou a licitación a explotación da cafetería do Centro Interfederado, situado na rúa Olímpicos Tudenses por un período de dous anos, prorrogables outros dous, cun prazo máximo de duración do contrato de catro anos. O canon mínimo anual será de 4.744,80 euros.

Tui expedienta a unha empresa pola colocación de carteis en mobiliario urbano

A Policía Local abriu esta pasada semana expediente sancionador a unha empresa pola colocación de carteis anunciadores dun evento en mobiliario urbano, en concreto en diversas farolas, incumprindo así o establecido na ordenanza municipal do ornato e a limpeza viaria.

Tui remata as obras de reforma do Conservatorio de Música

Cun investimento de 56.686,19 € nos últimos días rematáronse as obras de Reforma das Instalacións do Conservatorio Profesional de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia, obras executadas con cargo ao Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.