Sábado, 3 Maio de 2025

O Baixo Miño

Segunda edicion do ‘Tardeo’ na Guarda, actividades diversas para a mocidade

Para os meses de maio e xuño sae á rúa a segunda edición do programa Tardeo unha acción que, coordinada pola OMIX do Concello da Guarda, presenta diferentes actividades levadas a cabo polas asociacións da vila, para dinamizar o tempo de ocio de, principalmente, a poboación nova do municipio.

Trece rutas percorrerán a natureza tudense entre abril e xuño

Descubrir o patrimonio natural de Tui é o obxectivo das trece rutas de natureza que organiza o Concello de Tui, a través da concellería de Turismo. Vanse celebrar dende este sábado, 28 de abril, até o 30 de xuño. Coñecer as aves dende a beira do Miño, un paseo en barco, percorrer a senda do río Furnia ou a do río Tripes, gozar da natureza en rede Natura en Ribadelouro, e mesmo visitar os xardíns ocultos da cidade será posible grazas a esta iniciativa.

O PP de Tomiño solicita que as acudas para actividades sociais, culturais e deportivas increméntense ata os 120.000 euros

O grupo municipal do PP de Tomiño vén de solicitar, a través dunha moción que se debatirá no vindeiropleno ordinario, o incremento das axudas municipaispara actividades sociais, culturais e deportivas ata os 120.000 euros anuais a partires do ano 2025 para tratar de deixar atrás os recurtes económicos do goberno local nesta materia nos últimos catro anos.

A Guarda celebra o Día do Libro con descontos nas librerías, programación cultural e a ‘IV Ruta do Libro’

O vindeiro 23 de abril celébrase o Día internacional do Libro e na Guarda unímonos a esta celebración a nivel mundial con variadas actividades entre as que destacan principalmente o desconto do 10 % en libros durante todo o día nas librerías Cervantes, Atlántica, Ideas e Ler, así como o inicio da IV Ruta do Libro.

Tomiño dá os primeiros pasos para adherirse a Atenpro, un servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero

Tomiño continúa a súa loita contra a violencia de xénero. O Concello xa está a dar os primeiros pasos para adherirse a Atenpro, un servizo de atención ás vítimas de violencia de xénero que ofrece ás usuarias protección e atención inmediata ante as posibles eventualidades que poidan sufrir as 24 horas ao día os 365 días ao ano.

‘Obradoiro de Perfumes vexetais’, próxima entrega do ciclo Sostendo o Futuro en A Guarda

O Concello da Guarda organiza o ciclo medioambiental Sostendo o Futuro na súa cuarta edición, iniciativa que comprende roteiros, observación e outras actividades de contido de coñecemento do medio natural ao longo do presente ano.

O PSOE da Guarda asegura que o municipio ten “un alcalde ausente ”que non fai o traballo que se espera del”

O PSdeG-PSOE da Guarda asegurou que o municipio ten “alcalde ausente que non fai o traballo que se espera del” logo que no último Pleno “evadira de xeito directores ” a súa responsabilidade ante dúas cuestions formuladas polo grupo socialista, unha delas relacionada co ferri.

En Tomiño a igualdade comeza nas aulas

Traballar na igualdade dende as aulas. Ese é o obxectivo dos obradoirosformativos postos en marcha polo Concello e que durante os meses de abril e maio levarán a igualdade aos centros escolares, afondando en temáticas de vixente actualidade que afectan á rapazada e adolescencia e dando resposta á información recollida no Estudo-Diagnose sobre igualdade de xénero e violencia machista no ámbito educativo realizado polo Concello.

Máis de 220 escolares de primaria achéganse á loita en Goián

Fomentar a actividade física entre o alumnado e achegalo a diferentes deportes dun xeito entretido, ameno e divertido. Ese é un dos obxectivos da Asociación Deportiva Baixo Miño, Agrudebam, que a pasada semana reuniu no pavillón deportivo de Goián a máis de 220 nenos e nenas de primaria de diferentes centros escolares de Tomiño, O Rosal, Gondomar e Salceda de Caselas nunha xornada de introdución á loita.

A Xunta destina máis de 27.000 euros ao cofinanciamento dos comedores escolares no Baixo Miño

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou o CEIP Número 2 de Tui, onde se reuniu con varios representantes da ANPA As Olivas con motivo da axuda de case 14.000 euros que a Xunta lles outorgou para o cofinanciamento dos servizos do comedor escolar.

Tres días de actividades na Concentración Cabalar de Telmo en Tui

Durante tres días celebrarase este ano a tradicional e secular Concentración Cabalar de San Telmo na rúa Loureiro, coincidindo coas festas patronais de San Telmo. Esta actividade, que reúne cada ano a miles de persoas, foi gañando nos últimos anos en calidade e seguridade, coma explicaba o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, quen salienta a aposta do concello por este evento no que conta coa colaboración de Hípica Marcos e de Equigalia.

Tomiño achégase a novas experiencias na recollida de residuos en Portugal

Tomiño continúa a dar pasos no seu compromiso co medio ambiente e a sostibilidade, tamén na xestión de residuos urbanos. Unha delegación municipal composta pola alcaldesa, Sandra González; concelleiros e concelleiras e equipo técnico visitaron varias instalacións da área metropolitana do Porto para coñecer in situ ossistemas de recollida de residuos que se están a empregar e o seu posterior tratamento.