Sábado, 10 Maio de 2025

O Baixo Miño

O Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE presenta unha proposición non de lei en defensa do Centro de Saúde da Guarda

O deputado Socialista Julio Torrado desprazouse ata a Guarda para dar a coñecer, diante dos medios de comunicación e do Grupo Municipal Socialista, a proposición non de lei en defensa do servizo de saúde pública de Galicia e do Centro de Saúde da Guarda, presentada á mesa do Parlamento.

A comunidade educativa do CRA «María Zambrano» do Rosal colabora na remodelación da súa biblioteca

Esta pasada fin de semana, nais, pais e profesorado do CRA 'María Zambrano' do Rosal traballaron xuntos para instalar o mobiliario das novas instalacións na biblioteca que o centro escolar ten na escola de Tabagón. O 'María Zambrano' accedeu a unha axuda da fundación La Caixa para dotar de mobiliario e material escolar a unha aula multisensorial.

Continua a programación navideña na Guarda pese á suspensión do Mercado de Nadal

Debido aos graves danos sufridos durante a tarde de onte nas carpas instaladas na Praza de Avelino Vicente, a empresa encargada da súa montaxe decidiu retiralas todas ante a posibilidade de que as dúas que quedaron en pé puideran acabar sendo danadas durante a noite polas fortes rachas de vento.

Novo vehículo de emerxencias para o GES da Guarda

O pasado mércores día 11 de decembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do concello da Guarda recibiu un novo camión tipo Bomba Rural Lixeira (BRL) que será empregado tanto para incendios urbanos coma forestais e diversas incidencias coma accidentes de circulación.

Oia reforma e mellora a accesibilidade das Escolas de Loureza

O Concello de Oia vén de acometer as obras de reforma e mellora da accesibilidade do local das antigas Escolas de Loureza, unha actuación desenvolvida ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras consistiron na unificación, nun só local, dos dous edificios de escolas existentes.

Rúa Concepción Arenal, unha referencia peonil e comercial no centro da Guarda

O deputado de Infraestruturas e Vías Provinciais, Gregorio Agís, e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitaron os traballos de mellora da mobilidade da rúa Concepción Arenal, EP-3401, de acceso ó porto. As obras, froito dun convenio entre a Deputación e o Concello, foron adxudicadas por un total de 1.171.888,13 euros, dos cales o ente provincial financiou un 78,53 %. Ademais, para esta acción foron destinados 100.000 euros do Plan Concellos 2017.

O Conservatorio da Guarda presume de coro

Este xoves día 12 de decembro a Casa dos Alonsos da Guarda foi o escenario elixido para a celebración do 'Concerto de Nadal' do Coro do do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, que ven de cumprir o seu primeiro ano de actividade, e que estaba incluído dentro da Programación de Nadal 2019/2020 do Concello guardés.

O CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián premia «á viaxe dunha vida»

O colexio 'Pintor Antonio Fernández' de Goián entregou hoxe o primeiro 'Premio á Diversidade' dos 18 que entregará este curso a unha persoa ou colectivo que leve a cabo algunha iniciativa que axude no camiño cara un mundo máis diverso no que prime o respecto e a tolerancia.

O Mercado de Nadal da Guarda abre as súas portas esta fin de semana

Despois do arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila da Guarda co acendido do alumeado de Nadal a pasada fin de semana, dende este venres comeza o Mercado de Nadal na Praza de Avelino Vicente (As de Copas), tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista (Monterreal) e continúa aberta a Pista de Xeo da Alameda.

A Corporación Municipal da Guarda expresa o seu rexeitamento “á deficiente atención sanitaria”

Os portavoces dos grupos municipais do concello da Guarda, en representación da Corporación Municipal, reuníronse onte martes día 10 decembro para valorar a situación pola que está pasando o centro de saúde da localidade. Na xuntanza acordaron trasladar, a opinión pública e aos responsables do SERGAS, "a preocupación pola deficiente atención que se está prestando aos veciños e veciñas.

A Guarda recupera a esfera da emblemática «Torre do Reló»

O Concello da Guarda ven de recuperar a esfera do reló da praza grazas a unha actuación que permitiu fabricar unha nova esfera en metacrilato e substituír o antigo marco de cemento por un novo de aluminio e aceiro inox. Ademais a nova esfera conta con retroiluminación led que lle confire un novo e chamativo aspecto polas noites.

Tui edita un calendario do 2020 con portas da Eurocidade pintadas por Rosa María Vila

'2020. Abrindo portas…' é o título do calendario de 2020 que vén de editar o Concello de Tui. Está ilustrado con pinturas de portas da Eurocidade Tui-Valença realizadas pola artista tudense Rosa María Vila. Así na portada figura o Pórtico da Catedral de Tui e a Porta da Coroada de Valença.